Imprimir
Enviar
BASES DA CONVOCATORIA PARA PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE ANIMADOR SOCIOCULTURAL
1ª.- Obxecto da convocatoria.- A provisión por concurso libre dunha praza de Animador sociocultural
para o Servizo de Xuventude do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal por
acumulación de tarefas por un período de un mes, segundo o artigo 3 do Real Decreto 2720/1998, de 18
de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de
contratación de duración determinada.-
As retribucións serán as correspondentes ó posto de animador sociocultural.-
Funcións: A prestación do servizo de animación sociocultural: fomento das relacións interpersoais e da
integración do individuo no seu contexto sociocultural, actividades de xestión do ocio, fomento da
participación en actividades lúdicas e educativas, axuda para a saída de situacións problemáticas, etc.
Características de xornada: Dispoñibilidade ocasional. Xornada partida
2ª.- Requisitos.- Para ser admitidos, os aspirantes haberán de reunir, con referencia ao último día do
prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:
a) Ser español ou nacional doutro Estado membro da Unión Europea, estes últimos, de acordo co
disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.-
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título de Técnico Superior en Animación Sociocultural.
d)) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións
Públicas, nin estar inhabilitado ou incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade para o exercicio
de funcións públicas.-
e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións.-
3ª.- Presentación de instancias.- As instancias, dirixidas ó señor Alcalde-Presidente, presentaranse no
Rexistro Xeral do Concello, sito na Avda. da Mariña 25, 15160 Sada, en horas de oficina, no prazo de
CINCO (5) días hábiles a partir do seguinte ó de publicación do anuncio da convocatoria nun dos xornais
de maior difusión.
Os aspirantes farán constar na instancia que reúnen todos os requisitos sinalados na Base 2ª, e
achegarán:
- Xustificante de pago da cantidade de 15 euros en concepto de taxas de participación no proceso
selectivo, que se pagará en calquera das seguintes contas bancarias do concello, indicando como
concepto:TAXAS PS 04/10.-
CAIXAGALICIA 2091/0035/83/3110000028
BANCO DE GALICIA 0075/8989/13/0600093769.
As taxas só se devolverán no caso de que o aspirante non sexa admitido ao proceso selectivo.
- Fotocopia simple do D.N.I.
- Relación dos méritos alegados para a súa avaliación na fase do concurso, xunto cos documentos
acreditativos correspondentes, segundo o establecido na Base 6ª, en orixinal ou fotocopia autorizada por
fedatario público. Non se tomarán en consideración nin serán valorados os méritos que non queden
debidamente acreditados, en todos os seus extremos, no momento da presentación da instancia.
4ª.- Admisión de aspirantes.- Para ser admitido á selección bastará con que os aspirantes manifesten
nas súas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na Base 2ª. Rematado o
prazo de presentación de instancias, aprobarase a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará
publica no Taboleiro de anuncios do Concello, concedéndose un prazo de dous días naturais para efectos
de reclamacións. De non existir reclamacións no devandito prazo, a lista elevarase automaticamente a
definitiva. Na mesma resolución o Alcalde determinará a composición do Tribunal cualificador e a data e
hora de celebración do concurso.
5ª.- Tribunal cualificador.- Estará composto por un Presidente, un Secretario e tres vogais. A
designación dos seus membros, titulares e suplentes, farase na resolución da Alcaldía pola que se aprobe
a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas. Todos os membros deberán contar con titulación de
nivel igual ou superior á esixida para o acceso á praza.-
O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos
necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.-
A efectos de percepción de asistencias, o Tribunal terá a categoría terceira das sinaladas no Real
Decreto 462/2002.-
6ª.- Contido, desenvolvemento e cualificación do proceso selectivo.-
Consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polos aspirantes segundo o seguinte baremo
ata unha valoración máxima de 10 puntos:
A) Experiencia profesional (como funcionario ou contratado laboral):
A.1.- Servizos prestados en postos de igual categoría e natureza na Administración Local: 0,30 puntos por
mes de servizo ou fracción superior ós 15 días.-
A.2.- Servizos prestados en postos de igual categoría e natureza na Administración Pública: 0,20 puntos
por mes de servizo ou fracción superior ós 15 días.-A.3.- Servizos prestados en postos de igual categoría e natureza na empresa privada: 0,10 puntos por
mes de servizo ou fracción superior ós 15 días.-
A valoración conxunta dos anteriores apartados non poderá exceder de 6 puntos.
B) Formación: Valorarase ata o máximo de 4 puntos.
B.1.- Cursos de formación e perfeccionamento recibidos, directamente relacionados cos traballos propios
da categoría, impartidos por Organismos e Institucións Oficiais dependentes das Administracións públicas
e Colexios profesionais. (valorable ata un máximo de 2,5 puntos):
-Cursos de menos de 20 horas: 0,05 puntos.-
-Cursos de 20 a 50 horas: 0,15 puntos.-
-Cursos de 51 a 100 horas: 0,25 puntos.-
-Cursos de máis de 100 horas: 0,50 puntos.-
B.2.- Coñecementos de informática (valorable ata un máximo de 0,5 puntos):
-Cursos de ata 25 horas: 0,05 puntos.-
-Cursos de 26 a 100 horas: 0,15 puntos.-
-Cursos de máis de 100 horas: 0,25 puntos.-
B.3.-Coñecemento da lingua galega (valorable ata un máximo de 1 punto):
- Curso de linguaxe administrativa superior: 0,5 puntos.
- Curso de linguaxe administrativa medio: 0,25 punto.
- Curso CELGA 1: 0,05 puntos.
- Curso CELGA 2, ou curso de iniciación á lingua galega: 0,10 puntos.
- Curso CELGA 3: 0,15 puntos.
- Curso CELGA 4, ou curso de perfeccionamento á lingua galega : 0,25 puntos.
- Curso CELGA 5: 0,5 punto.
Só se valorará os cursos de maior nivel dentro de cada categoría.-
Os méritos do apartado A) acreditaranse mediante certificación de servizos prestados expedido polo
funcionario competente ou no seu defecto certificado de vida laboral, ben en orixinal ou ben en fotocopia
cotexada ou compulsada ao que se deberán achegar os contratos laborais ou no seu caso certificado de
empresa.-
Os méritos do apartado B) acreditaranse mediante orixinal ou copia compulsada dos
correspondentes certificados ou diplomas. No caso de non reflectir o número de horas, computarán pola
puntuación mínima.-
6.3) Cualificación definitiva.- A cualificación final do concurso será a suma total das puntuacións obtidas
nos diferentes apartados de valoración.-
De producirse empate na puntuación final, dirimirase a favor da maior puntuación obtidas en cada
apartado e subapartado, pola orde en que se reflicte nestas Bases.-
7ª.- Resultados da selección.- O Tribunal publicará no Taboleiro de Edictos da Corporación, no mesmo
día en que se acorde, a relación de puntuacións outorgadas e elevará á Alcaldía proposta de contratación
a favor do aspirante posuidor da puntuación máis alta, xunto coa acta da sesión, que incluirá unha lista
formada polo resto de solicitantes non seleccionados, por orde de puntuación, para cubrir posibles
vacantes que puideran producirse no período de duración desta contratación
8ª.- Presentación de documentos e formalización do contrato.- No prazo de TRES días naturais a
contar desde a publicación do resultado do concurso, o aspirante seleccionado deberá xustificar que
reúne os requisitos esixidos na convocatoria, presentando os documentos seguintes:
• Certificado médico de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento
das tarefas correspondentes.
• Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo do Estado,
Comunidades Autónomas e Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións
públicas.
• Copia compulsada do título esixido nas presentes bases.
Noutro caso, salvo causa de forza maior, quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo
das responsabilidades en que incorrera por falsidade.
Cumpridos os requisitos sinalados, a Alcaldía procederá a formalizar o correspondente contrato, para
o que será debidamente notificado o aspirante seleccionado. Ata a formalización do contrato, o
seleccionado non terá dereito a percepción económica algunha.
9ª.-Recursos.- Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas ou da
actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida pola
Lei 30/1992, de 26 de novembro.
Dilixencia.- As presentes Bases foron aprobadas por resolución da Alcaldía desta data.-
Sada, 21-7-2010
O Secretario
Estado do trámite: En prazo de presentación
Prazo: 28/07/2010 - 02/08/2010