Imprimir
Enviar
Prefil do Contratante:Adxudicación provisional Contratación dos servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes do concello de Sada
PERFIL DO CONTRATANTE
DATOS XERAIS:
Nº DE EXPEDIENTE CS 37/2009
Natureza: Contrato administrativo de servizos
Suxeito a regulación harmonizada: SI
Procedemento de adxudicación: Aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación
Tramitación: Ordinaria
Garantía provisional esixible: Non
Clasificación: Grupo O, Subgrupo 6, categoría B
Orzamento:
Prezo: 140.761,21 €
IVE: 22.521,79 €
Total anual: 163.283,00 €
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL
Data de publicación no perfil: 21/12/2009
Comunícase que a Xunta de Goberno Local, en data 17 de decembro de 2009, aprobou a adxudicación provisional do contrato de servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes do Concello, suxeito a regulación harmonizada, nos termos do acordo que a continuación se transcribe literalmente:
«4º.- Adxudicación provisional do contrato dos servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes.-
Dada conta do expediente tramitado en virtude dos acordos desta Xunta de datas 30-7-09 e 6-8-2009 para contratación por procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, dos servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes do Concello, no que consta como resultado da licitación celebrada o día 15 de decembro de 2009, a proposta de adxudicación que fai a Mesa de contratación a favor da empresa Jardinería Arce S.L., por ser o licitador que presenta a oferta economicamente máis vantaxosa, acórdase por unanimidade:
1º.- Declarar válida a licitación e adxudicar provisionalmente o contrato dos servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes do Concello, cunha duración de catro anos, ao contratista Jardinería Arce S.L., titular do CIF B15547979, por ser a súa a proposición economicamente máis vantaxosa das admitidas, polo prezo total de 557.414,40.- euros (cincocentos cincuenta e sete mil catrocentos catorce euros con corenta céntimos), mais o 16% de Imposto sobre o Valor Engadido, que ascende a 89.186,32.- euros (oitenta e nove mil cento oitenta e seis euros con trinta e dous céntimos), sendo o prezo anual de 139.353,60.- euros (cento trinta e nove mil trescentos cincuenta e tres euros con sesenta céntimos) mais o 16% de Imposto sobre o Valor Engadido, que ascende a 22.296,58.- euros (vinte e dous mil douscentos noventa e seis mil euros con cincuenta e oito céntimos).-
2º.- Notificar este acordo ao adxudicatario provisional e requirilo para que no prazo dos quince días hábiles seguintes ao de publicación da adxudicación provisional no Perfil de Contratante, presente a documentación xustificativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva en contía de 27.870,72.- euros, equivalente ao 5 por 100 do importe de adxudicación, excluído o IVE.-
4º.- Notificar esta adxudicación provisional aos participantes na licitación e publicala mediante anuncio no Perfil de Contratante.-
5º.- Que rematados os trámites anteriores se dea conta do expediente a esta Xunta para adoptar a resolución que proceda verbo da adxudicación definitiva.-»
Contra a presente resolución deberá interpor con anterioridade á interposición do recurso contencioso administrativo, Recurso Especial en Materia de Contratación, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da adxudicación provisional nun Diario Oficial ou no Perfil de contratante, ante a Xunta de Goberno Local deste Concello, de conformidade co artigo 37 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
Notificada a resolución do Recurso Especial en Materia de Contratación, ou transcorridos vinte días hábiles contados desde o seguinte á interposición do recurso sen que sexa notificada a súa resolución, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da notificación do recurso especial en materia de contratación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Todo isto sen prexuízo de que poida interpor Vde. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.
Sada, 18 de decembro de 2009
O alcalde,
Asdo.- Abel López Soto
Estado do trámite: En resolución