


SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CREACIÓN DE EMPRESAS
|
Data |
20 de decembro de 2011 |
|
Horario |
De 12 a13 horas. |
|
Lugar Realización |
Casa da Cultura Pintor Lloréns Paseo Maritimo - Sada
|
Difundir como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, mostrando a través de experiencias personales de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.
O contido do Seminario para a Difusión da Creación de Empresas segmentase básicamente en tres partes:
- A figura do emprendedor: Plantéxase como pedra angular de calquera proxecto empresarial e analízase a relación entre o éxito da empresa e as características personais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordaránse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as diferentes motivacions que impulsan a emprender e as principais barreiras coas que doitan enfrontarse.
- A idea de negocio: Analízase que concepto queremos vender e cal será o perfil do noso cliente potencial. Examínaranse as distintas fontes de ideas e conclúese que a viabilidade dun proxecto depende en gran medida da calidade e madurez da idea inicial. Por último, abórdanse as diferentes fontes de información as que o emprendedor deberá acceder para recopilar datos, procesalos e analizalos co fin de examinar os visos de viabilidade desde o punto de vista comercial, económico-financeiro e técnico-legal.
- A posta en marcha: Analízase como levar a cabo a transformación da “idea” en “proxecto”, a necesidade de desenvolver un plan de empresa riguroso e os recursos humáns e materiais que son necesarios para poñer en marcha o proxecto. Móstranse tamén unha serie de instrumentos e recursos que están disponibles para os emprendedores e que supoñen unha importante axuda para acadar o éxito no seus proxectos de empresa.
Ao longo de todo o Seminario expóñense casos reais de emprendedores que desenvolven un proxecto empresarial en Galicia (extraídos do Banco de Ideas Empresariais), no que se abordan aspectos como o historial do emprendedor, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así como os factores aos que se pode atribuir o éxito da súa empresa.
O Seminario ten unha duración aproximada de tres horas, estructuradas segundo o seguinte programa:
|
Hora aproximada |
Contido |
|
10:00 |
Presentación do Seminario e breve descrición de contidos |
|
10:05 |
Tema: O Emprendedor |
|
10:50 |
Tema: A Idea |
|
11:35 |
Tema: A Posta en Marcha |
|
12:30 |
Experiencia dunha emprendedora local e coloquio |
ORGANIZACION
O seminario está organizado polo Concello de Sada en colaboración co IGAPE e BIC GALICIA.
DATA
20 de decembro de 2011
CUSTE ASISTENTES
PERFIL DOS ASISTENTES
Deseñouse unha metodoloxía adaptada a un amplo abanico de destinatarios; desde persoas con inquietudes emprendedoras ata, desempregadas, traballadoras en activo, técnicas de emprego e promoción económica ou estudantes que, próximos a súa incorporación o mundo laboral, deben coñecer opcións alternativas ao traballo por conta allea.
INSCRICIONS
Na Axencia de Emprego e Desenvolvemnto Local do Concello de Sada, Avda da Mariña, 25 - 3º, 15160 – Sada, nos Tl: 881 929 057 / 981 620 075 ou Respostando a este correo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla e cubrindo os seguintes datos:
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE:
APELIDOS: |
NOME: |
NIF/NIE |
|||||
|
ENDEREZO: |
C. POSTAL |
LOCALIDADE: |
|||||
|
|
TELÉFONOS: |
DATA NACEMENTO: |
ESTUDOS: |
||||
|
DESEMPREGADO/A COLABORADOR/A FAMILIAR ASALARIADO/A IDEA EMPRESARIAL: |
|||||||
PROMOCION ECONOMICA
Concello de Sada © 2011 - Aviso Legal - Mapa Web - Contactar
Avenida da Mariña 25 - Tfno: 981 62 00 75 - Fax: 981 62 12 74