SADA DESPEGA CARA Ó EMPREGO
FUNDAMENTACIÓN
A formación para o emprego inclúe non só a formación especializada enfocada á integración sociolaboral dos/as participantes no programa integrado de emprego, senón tamén o aprendizaxe de estratexias individuais de cara á participación do alumnado no mercado laboral.
O desenvolvemento de habilidades sociais no ámbito do emprego permite ao individuo enfrontarse e resolver adecuadamente os conflitos que se presentan no proceso de participación como traballador/a nos diferentes contextos nos que se desenvolve. Una persoa cun bo nivel de desenvolvemento de habilidades sociais verá reforzadas as súas posibilidades de insertarse no mundo laboral, participar adecuadamente nel, e manter relacións interpersoais satisfactorias no entorno de traballo.
A conduta socialmente habilidosa aprendese o longo da vida e é susceptible de ser mellorada a través de procesos de aprendizaxe e readaptación ás diferentes circunstancias vitais que acompañan ao individuo.
Adaptarse ao mundo laboral require dunha serie de habilidades que se van poñendo en práctica a medida que a persoa enfrontase ás diferentes situacións cotiáns e as resolve de maneira xeitosa ou non. As habilidades sociais poden perderse pero tamén deben readaptarse aos diferentes contextos nos que a persoa enfróntase. Nesta liña, desenvolveuse a formación enfocada ao desenvolvemento de habilidades sociais para o emprego, como reforzo para acadar a inserción laboral dos/as traballadores/as desempregados/as participantes no programa integrado de emprego “Sada despega cara o emprego”.
OBXECTIVO XERAL
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
PERFIL DO ALUMNADO
A acción formativa será dirixida ás 100 persoas participantes do programa integrado de emprego
“Sada despega cara o emprego”.
DURACIÓN
A acción formativa de 10 horas presenciais a desenvolver en catro grupos de martes a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 h.
CRONOGRAMA
CONTIDOS
→ Introdución
→ Definición
→ Compoñentes das habilidades sociais
→ Compoñentes da comunicación
→ Comunicación verbal
→ Comunicación non verbal
→ Elementos da comunicación
→ Habilidades para a comunicación
→ Estratexias para mellorar a comunicación
→ Estilos de conduta social
→ Autoestima
→ Autoimaxen
→ Autocontrol
→ Expresión de opinións
→ Proceso de toma de decisións
→ Relación cos grupos de traballo
������ A comunicación entre os membros do grupo
������ Principais habilidades de comunicación en grupos de traballo
→ Resolución de conflitos
������ Tipos de conflito
������ Fases do conflito
������ Actitudes ante o conflito
→ Toma de conciencia e desenvolvemento de valores
→ Habilidades na búsqueda de emprego e desenrolo da profesión
METODOLOXÍA
A metodoloxía a utilizar exponse dende a participación activa do alumnado, partindo da exposición teórica dos contidos e o desenvolvemento de dinámicas grupais e individuais relacionadas coas habilidades de comunicación no funcionamento dos equipos de traballo, prestando especial atención ao desenvolvemento das habilidades básicas de comunicación.
RECURSOS
PROMOCION ECONOMICA
Concello de Sada © 2011 - Aviso Legal - Mapa Web - Contactar
Avenida da Mariña 25 - Tfno: 981 62 00 75 - Fax: 981 62 12 74