A Concellaría de Cultura prepara ao longo do ano un completo programa de actividades. Á súa vez, a oferta cultural estrutúrase en distintas accións previstas a medio prazo das que se dá conta a través da Revista cultural, unha publicación de balde que sae á rúa cada dous meses e na que podes atopar a descrición pormenorizada da axenda de eventos que che interesan. Nas ligazóns que hai á dereita podes descargar en PDF os últimos números.
Portada da edición de marzo-abril 2010 da Revista Cultural