Concello de Sada



Imprimir Enviar

Concellaría de Deporte, Turismo e Medio Ambiente

A Concellaría de Deporte, Turismo e Medio Ambiente, da que é concelleiro delegado o socialista José Garrote Martín, fixou entre outros obxectivos prioritarios para os vindeiros catro anos a mellora do equipamento deportivo municipal, o fomento do deporte de base, a implantación dun Plano de dinamización turística ou a mellora da recollida dos residuos sólidos urbanos.

Entra en cada unha destas áreas para coñecer os ámbitos que son competencia de cada unha delas, así como as actuacións e medidas que esta concellaría ten previsto levar a cabo ao longo do actual mandato:

Área de Deporte

  • Dotación dunha área multideportiva no centro de Sada, que inclúa o equipamento existente (piscina, pavillón polideportivo e campo de fútbol) e que contemple a previsión doutras instalacións deportivas nas parcelas lindeiras.
  • Reserva de terreos dotacionais no PXOM na zona lindeira ao colexio de Mondego para realizar un complexo deportivo municipal.
  • Convenio de colaboración coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia para a utilización das instalacións deportivas do albergue As Mariñas.
  • Potenciación dos deportes náuticos e creación de escolas deportivas municipais de vela e remo.
  • En colaboración coa área de Educación, fomento das escolas infantís de deporte coorganizadas coas ANPAS, clubs ou asociacións deportivas.
  • Reparación integral e mellora das condicións de uso do pavillón do colexio de Mondego.
  • Creación do Consello Municipal de Deportes como órgano de participación co fin de coordinar as iniciativas do tecido asociativo deportivo sadense e favorecer unha distribución equitativa e transparente das subvencións municipais.
  • Prestación dunha atención especial ao deporte escolar de base.
  • Promoción de actividades deportivas específicas para a poboación discapacitada, en colaboración co movemento asociativo.
  • Plan de rendibilidade e mellora das actuais instalacións deportivas municipais e fomento da práctica do deporte nos homes e mulleres de todas as idades.
  • Aprobación consensuada dun regulamento de uso e funcionamento das instalacións deportivas municipais.
  • Fomento de actividades físicas no medio natural.
  • Promoción da animación deportiva nocturna.
  • Priorizar a potenciación do modelo educativo-deportivo e do traballo deportivo de base na política de axudas municipais.
  • Establecemento de convenios de colaboración cos clubes federados orientados á dinamización social.
  • Impulsar campañas de sensibilización sobre aspectos positivos da práctica do deporte.
  • Coorganización anual da Festa do Deporte.
  • Mellora das pistas polideportivas descubertas existentes nas parroquias.
  • Elaboración dun plan especial de actividade deportiva adaptado a persoas da terceira idade.

Arriba

Área de Turismo

  • Implementación dun Plano de dinamización turística.
  • Desenvolvemento do proxecto Estación Náutica, co fin de vertebrar eventos e establecer relacións entre os clubs naútico-deportivos. Atraer ás nosas costas as grandes rutas de turismo náutico-deportivo.
  • Potenciación de políticas orientadas a ampliar e desestacionalizar a demanda turística co fin de acadar resultados positivos para a creación dun emprego estable e de calidade.
  • Potenciación dos deportes náuticos todo o ano.
  • Mellora da sinalización dos recursos turísticos.
  • Promoción da implantación de sistemas de xestión de calidade en empresas de hostalería.
  • Deseño de guías culturais e turísticas que recollan a oferta cultural conxunta do municipio.
  • Potenciación do turismo activo e de natureza a través de rutas de sendeirismo, cicloturismo, da zona das Brañas...
  • Fomento do turismo cultural (Museo Carlos Maside, A Terraza, visitas guiadas aos castros...)
  • Potenciación do turismo gastronómico (produtos da ría), mediante a organización de feiras cos hostaleiros locais e de xornadas gastronómicas.
  • Fornecerlle valor turístico do Castelo de Fontán.
  • Creación dunha feira de artesanía.
  • Potenciar a sardiñada e as festas do verán
  • Apoio decidido ao desenvolvemento das actividades pesqueiras e da comercialización dos seus produtos.

Arriba

Área de Medio Ambiente

  • Mellora, e se é o caso, ampliación da capacidade de tratamento da actual EDAR e do colector xeral.
  • Mellora da recollida dos residuos sólidos urbanos.
  • Estudo exhaustivo da situación actual da rede de saneamento na perspectiva de execución dun plan integral que leve a separación de pluviais. Plan plurianual de redes de saneamento nos núcleos de poboación.
  • Limpeza regular das praias do concello.
  • Campañas de prevención do abandono de animais de compañía e impulsar medidas efectivas de recollida.
  • Promover a educación ambiental dirixida a toda a cidadanía, co obxecto de contribuír a crear conciencia social defensora do medio ambiente.
  • Creación dun observatorio temporal de aves na praia urbana de Sada.
  • Programa específico de control de salubridade das augas fluviais e nas praias.
  • Elaboración dunha ordenanza municipal que regule a localización das antenas de telefonía móbil e cumprimento da Ordenanza municipal de contaminación acústica.

Arriba


José Garrote Martín
Sada para ti

Sada para ti

Concelleiro delegado: José Garrote Martín



Descargas



Web das festas de Galicia