Concello de Sada


Imprimir Enviar

Revista Mariñana

O Concello de Sada adquiriu en 2007 a colección completa da Revista Mariñana, composta por 25 exemplares e un extra que se editaron nesta vila entre 1925 e 1926. Esta publicación ten un grande valor histórico e axúdanos a coñecer a sociedade mariñá da época, caracterizada por unha grande fervenza cultural e política.

Ademais dunha importante fonte para o coñecemento da cultura local, a Revista Mariñana converteuse tamén en lugar de encontro de persoeiros consagrados da cultura e da política tanto comarcal como galega. De feito, nas súas páxinas habemos atopar as sinaturas do escritor e axente cultural local Manuel Lugrís Freire (con algún poema como Fontán, de claras reminiscencias sadenses) ou os artigos de Ramón Suárez Picallo.

Tamén cómpre destacar o material gráfico e as ilustracións de Cebreiro e de Lolita Díaz Valiño, irmá de Camilo Díaz Valiño e tía de Isaac Díaz Pardo ou tamén as colaboracións de Julio Casal e de Soto Picos, cuxos artigos tiñan unha presenza habitual en publicacións de toda a comarca coruñesa e mesmo en revistas de ámbito estatal.

Nas ligazóns da dereita podes descargar todos os exemplares da Revista Mariñana. Son copias en formato pdf escaneadas a partir da única colección completa da que se ten constancia, propiedade agora do Concello de Sada.


Portada da revista

A Revista Mariñana publicouse entre 1925 e 1926



Descargas



© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075