ELAS SON ARTISTAS 2018
15/04/2018
O 10 de abril tiña lugar na Coruña a rolda de prensa na que se presentaba un proxecto cheo de música, arte e igualdade, o 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, Elas son Artistas #ESA, un proxecto multidisciplinar no que sector público e privado danse a man co obxectivo de dar voz ás mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes, cuxa presencia non sempre é tan visible como debese pero que son parte fundamental do éxito do resultado final do traballo do que forman parte.
Chega a Sada o programa de prevención da violencia de xénero na idade adolescente "Suprime o CONTROL"
09/04/2018
SUPRime o CONTROL
O venres 20 de abril chega a Sada o programa socioeducativo "SUPRime o CONTROL", unha iniciativa da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a Garda Civi, coa colaboración da concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Sada, que pretende previr as situacións de violencia de xénero, sobre todo na idade adolescente, e informar as familias sobre os riscos das novas tecnoloxías.
Sesenta mulleres de Sada participan no vídeo que a concellería de Benestar presentou o Día da Muller
13/03/2018
O pasado 11 de marzo tivo lugar o acto organizado pola concelleria de Benestar Social e Igualdade para conmemorar o Día internacional da Muller onde participaron o grupo de alumnas do IES Isaac Diaz Pardo, que gañaron o concurso de guións de violencia de xénero da Deputacion, e proxectouse un vídeo onde participan 60 veciñas de Sada .
Sada aumenta un 118% a inversión no servizo de axuda no fogar.
10/03/2018
- No pasado pleno ordinario de febreiro aprobouse o expediente para a contratación por procedemento aberto do Servizo de Axuda no Fogar que aposta por un incremento de algo máis de 335,000 euros/anuais para este ano 2018, pasando de 283.569 euros/anuais a 620.000 euros/anuais, e unha prevision de gasto de 741.000 euros para o 2019”.
Galiña Azul Curso 2018-2019
10/03/2018
Abriuse o prazo para solicitar praza para o próximo curso 2018-2019 na escola infantil A Galiña AZul, o prazo abrangue dende o 10 de marzo ao 9 de abril.
- Resolución do 1 de marzo 2018 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 anos dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2018-2019.
As veciñas de Sada protagonistas no Día da Muller
06/03/2018
- O grupo de alumnas do IES Isaac Diaz Pardo, que gañaron o concurso de guions de violencia de xénero da Deputacion, realizarán ademáis unha representación-interpretacion do guion.
Listaxe actualizada de persoas admitidas na Escola Infantil Flora Ramos.
07/02/2018
Listaxe actualizada de persoas admitidas e de modificacións, acordos adoptados nas Sesións de comisión e seguimento de data 05/02/2018. As 58 prazas que se ofertaron corresponden a todos os nad@s no ano 2015.
A Galiña Azul. Curso 2017-2018
17/01/2018
Actualizado a 30 novembro 2017.
Resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2017/18