Xuventude...

AXENDA

Xuventude


CAMPAÑA ESQUÍ 2018

CAMPAÑA ESQUÍ 2018

17/01/2018

O concello de Sada foi incluido no programa de esquí “CAMPAÑA DE INVERNO 2018”, da Deputación Provincial, para o que se lle adxudican  8 prazas. A estancia e manutención desenvolveranse en aloxamentos ubicados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda e correspóndelle a terceira quenda, dende o 23/02/2018 ó 26/02/2018.

A Galiña Azul. Curso 2017-2018

A Galiña Azul. Curso 2017-2018

17/01/2018

Actualizado a 30 novembro 2017.

Resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2017/18

Conciliando no Entroido 2018

Conciliando no Entroido 2018

16/01/2018

Conciliando no Entroido 2018, programa da Concellería de Educación, Xuventude e Saúde.

Obradoiros infantís gratuitos no CEIP Pedro Barrié de la Maza

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL SADA 2018

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL SADA 2018

16/01/2018

O Concello de Sada e a Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" presentaron o Programa Educación Ambiental Sada 2018.

No acto estiveron presentes o alcalde de Sada, Benito Portela; o presidente da Reserva da Biosfera MCeTM, José Antonio Santiso; o concelleiro de PE, Turismo e Medio Ambiente, Liss Suárez Becerra; o xerente da Reserva da Biosfera MCeTM, Jorge Blanco e os directores/as dos Centros Educativos do Municipio.

Entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada

Entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada

13/01/2018

O pasado 13 de outubro a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, notificaba ao Alcalde de Sada, Benito Portela, e ó Concelleiro de Urbanismo, Fran Montouto, a Orde de Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada. Logo da publicación do mesmo no Diario Oficial de Galicia o 29 de novembro e da publicación o 20 de decembro do seu contido normativo no Boletín Oficial da Provincial, no día de hoxe entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada.

Convocatoria de proceso selectivo para a provisión interina dunha praza de bibliotecario/a

Convocatoria de proceso selectivo para a provisión interina dunha praza de bibliotecario/a

09/01/2018

Convocatoria para provisión interina dunha praza de Bibliotecario/a.

O obxecto da convocatoria é a selección por oposición dun funcionario para cubrir en réxime de interinidade unha praza da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase técnicos medios, denominación: Bibliotecario/a pertencente ao grupo de clasificación A subgrupo A2. O prazo de presentación de instancias comeza o 10 de xaneiro de 2018.

Curso de mantemento  de embarcacións

Curso de mantemento de embarcacións

09/01/2018

Desde a Concellaría de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, ponse en marcha unha acción formativa dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego 2018, Curso de mantemento de embarcacións, co obxecto de capacitar ao alumnado cos coñecementos teórico/prácticos necesarios para o coidado, reparación e mantemento de barcos.

O Goberno municipal de Sada adxudica un conxunto de obras importantes en camiños e vías do municipio

O Goberno municipal de Sada adxudica un conxunto de obras importantes en camiños e vías do municipio

09/01/2018

-A Xunta de Goberno Local (XGL) aproba a adxudicación da reordenación do entorno da Travesía de Posse, da pavimentación do camino de Souto a Lamela en Carnoedo e a adxudicación da dotación do servizo de saneamento no camino do Loureiro entre  O Castro e Samoedo, obras por un importe de 111.395,24€.