Deportes...

AXENDA

Deportes

 Dña. Zeltia Natividade García Ben

 Deportes

 Teléfono : 981620075

 Contacto : zeltia.garcia@sada.gal


As asociacións deportivas do noso Concello están a facer un traballo admirábel en todos os sentidos,achegan o deporte ao conxunto da cidadanía e cubren unha demanda cada vez maior de practicar deporte.

Dende a Concellería de Deportes queremos apoiar aos clubes, ofrecer actividades deportivas para todas as edades e mellorar e ampliar as instalacións deportivas do Concello. Queremos animarvos a colaborar,participar e propoñer ideas,entre todas e todos será máis fácil e será mellor.


ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019

20/09/2018

A concellería de Deportes organiza en colaboración cós clubes deportivos de Sada as Escolas deportivas Municipais para o curso 2018-2019 que terán comezo o 1 de outubro e rematarán en xuño de 2019. Díptico informativo

9.000 usuarios utilizaron a piscina das Cerámicas do Castro este verán.

9.000 usuarios utilizaron a piscina das Cerámicas do Castro este verán.

19/09/2018

- A piscina, xestionada pola concellería de Deportes, pechou as súas portas o pasado domingo batindo record de asistencia desde que fai tres anos  o goberno local decidise abrila ao público en periodo estival asumindo os gastos de mantemento e do persoal socorrista.

BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2018

BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2018

14/09/2018

A concelleria de Deportes ven de publicar a convocatoria de BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2018.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 15/09/2018 e remata o 1/10/2018 (Ambos inclusive)

6.000 usuarios disfrutaron ata o momento da piscina das Cerámicas do Castro.

6.000 usuarios disfrutaron ata o momento da piscina das Cerámicas do Castro.

20/08/2018

- A piscina, construída no seu día para os traballadores dentro do recinto da fábrica, e que conta cun vistoso deseño de polbos de Luís Seoane no vaso, permanecerá aberta ata o domingo 16 de setembro, sendo unhas iniciativas deportivas gratuitas do goberno local máis exitosas.

VIII MILLA DE SAN ROQUE - 2018

VIII MILLA DE SAN ROQUE - 2018

16/08/2018

O Club Atletismo Sada e o Concello de Sada, organizan a VII Milla de San Roque que terá lugar o próximo domingo, 19 de Agosto 2018, a partir das 10:30 h., e que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña, Deporte Galego, Xunta de Galicia, Policía Local de Sada, Décatlon Oleiros, Caixa Bank e Disnav.

Sada abre ao público a piscina das Cerámicas do Castro

Sada abre ao público a piscina das Cerámicas do Castro

25/06/2018

- A piscina construída no seu día para os traballadores dentro do recinto da fábrica, e que conta cun vistoso deseño de polbos de Luís Seoane no vaso, ábrese ao público por tercer verán consecutivo, sendo unhas iniciativas da área de deportes máis exitosas do mandato e que, do mesmo xeito que o pasado ano, volverá ser gratuíta para a cidadanía de Sada.

Sada aproba definitivamente os orzamentos máis sociais da súa historia.

Sada aproba definitivamente os orzamentos máis sociais da súa historia.

15/06/2018

-O orzamento, que se eleva a 12.755.418€, da luz verde ao Goberno Municipal para licitar diversas actuacións pendentes da aprobación definitiva deste documento.

@salto@

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN 2018

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN 2018

23/05/2018

Catrocentos rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participarán este verán nas instalacións do centro Calvo Sotelo de A Coruña nos campamentos deportivos da Deputación.