Comunicación...

AXENDA

Comunicación


Convocatoria PS para a formación dunha bolsa de emprego para posibles contratacións laborais temporais de operarios

Convocatoria PS para a formación dunha bolsa de emprego para posibles contratacións laborais temporais de operarios

15/03/2018

Actualizado a 21 marzo 2018.

É obxecto destas Bases regular o proceso selectivo para a creación dunha Lista ou bolsa de emprego de candidatos para a contratación laboral temporal de operarios, para dar cobertura a situacións de acumulación de tarefas, realización de obras ou servizos determinados ou ben para a cobertura en réxime de interinidade de vacantes temporais de postos de operario pertencentes ao grupo V do Convenio Colectivo, no período de tres anos posterior á aprobación da Lista.

"O que se enchufa recíclase" en Sada

"O que se enchufa recíclase" en Sada

26/02/2018

O que se enchufa recíclase é unha campaña de información e sensibilización, da Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ofiraee, para a correcta xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) a través dos puntos de venda destes aparellos en Galicia. Esta campaña enmárcase dentro do convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e os SCRAPS no que se establece o desenvolvemento de accións de información, divulgación e concienciacións para a adecuada xestións dos RAEE. O que se enchufa recíclase ten por obxectivo fomentar a xestión dos residuos de aparellos eléctricos ou electrónicos ao través dos puntos de venda de electrodomésticos así como formar e informar dos dereitos e obrigas que establece o RD 110/2015 tanto para consumidores como para distribuidores deste tipo de aparellos. A campaña desénvolves durante 9 meses en 138 concellos galego de máis de 4.000 habitantes. Durante este tempo instalaranse máis de 1.000 contenedores en puntos de venda de electrodomésticos aos que os cidadáns poderán acudir para depositar os RAEE.

Campaña de actividades socioculturais en centros cívicos

Campaña de actividades socioculturais en centros cívicos

22/02/2018

Inicialmente ofertamos a veciñas e veciños unha actividade en cada centro cívico municipal, colaborando coa programación que veñen desenvolvendo as asociacións veciñais.

Sendereando 2018: Roteiro Serra do Bocelo

Sendereando 2018: Roteiro Serra do Bocelo

19/02/2018

O vindeiro 4 de marzo programarase, dende a  Concelleria de Educación, unha nova andaina correspondente ao programa "Sendereando 2018". Durante todo o día percorreremos o "Roteiro da Serra do Bocelo" en Sobrado dos Monxes. Todos os interesados deberán inscribirse na OMIX de Sada completando a solicitude de inscrición que adxuntamos a continuación.

 Listaxe actualizada de persoas admitidas na Escola Infantil Flora Ramos.

Listaxe actualizada de persoas admitidas na Escola Infantil Flora Ramos.

07/02/2018

 Listaxe actualizada de persoas admitidas e de modificacións, acordos adoptados nas Sesións de comisión e seguimento de data 05/02/2018. As 58 prazas que se ofertaron corresponden a todos os nad@s no ano 2015.