Exposición de fotografía...

AXENDA

Exposición de fotografía "Camelias"

01/03/2018 - 31/03/2018

Exposición de fotografía "Camelias"

Descrición do Evento

A Casa da Cultura Pintor Lloréns é o lugar elixido para a exhibición das camelias, o fin de semana do 24 e 25 de marzo, e para albergar unha exposición fotográfica que recolle exemplares expostos na I Exposición feita no 2017 na Capela de San Roque.

A través da mirada única da fotógrafa Tatiana Oller a camelia semella unha natureza de conto, máxica, con gotas de auga que viven nuns pétalos en branco e negro como poucas veces podemos imaxinar a esta delicada flor. A través de trinta fotografías a mirada, a pequena ou case mínima escala, da fotógrafa desvela unhas texturas case palpables, rugosas, iluminadas teatralmente para desvelar o interior da flor, da esencia pura da camelia.

“Camelias” de Tatiana Oller inaugúrase o xoves 1 de marzo e poderase ver ata finais de mes no horario habitual da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

 

 

Casa de la Cultura Pintor Lloréns

Volver atrás