CastelánGalego

Sada reduce as taxas un 6,13% e os impostos indirectos un 44,4%

O Concello de Sada reducirá este ano os seus ingresos por taxas e prezos públicos un 6,13% e rebaixará até un 44,4% os procedentes de impostos indirectos, segundo as previsións do Proxecto de Orzamentos de 2012 que o próximo día 28 será sometido á aprobación do Pleno.

Así, nos capítulos segundo e terceiro, os impostos indirectos que o Concello prevé cobrar aos cidadáns rebáixanse en 104.000 euros con respecto ao ano anterior grazas a unha "previsión prudente e realista realizado á vista das liquidacións realizadas este ano".

As taxas e prezos públicos axústanse tamén ás previsións realistas. De feito, dos 140.000 euros que o bipartito formado por BNG e PSOE orzara como ingresos procedentes de licenzas urbanísticas para 2011 só se ingresaron 33.009,38 euros, dos 100.000 euros que o Goberno anterior pretendía recadar en concepto de sancións urbanísticas só se recadaron o ano pasado 29.012,66 euros e dos 155.000 euros que o anterior Goberno quería cobrar en concepto de licenzas de primeira ocupación só se ingresaron 109.731,71.

Para 2012, e en aplicación de criterios máis realistas que fuxan de inflar o orzamento con ingresos que non se recadarán, o Goberno Local que preside Ernesto Anido, do Partido Popular, prevé 50.000 euros de ingresos por licenzas urbanísticas, 90.000 por licenzas de primeira ocupación e 50.000 por sancións urbanísticas, cantidades que os servizos económicos municipais estiman como máis aproximadas á realidade. 

Diarios Oficiais

Incidencias e Avisos

Si ten que notificar algunha incidencia ou avería fáganolo saber aquí.

Grazas pola súa colaboración

LIGAZONS WEB

Ligazóns a outras web´s de interese.

NORMATIVA

Normativa municipal.
dizi izle Film izle Film izle short hairstyles 2013 Hd Porn Watch porn sex sex v-pills

ACCESO USUARIOS