SAÚDO DO ALCALDE

Quero darche a benvida a esta páxina web, que confío en que sirva como unha porta máis do Concello e que permaneza sempre aberta a sadenses e a visitantes. Achegar o Concello aos veciños é unha prioridade para o Goberno Local e abrir Sada ao exterior será outra. Internet é unha ferramenta útil para ambos obxectivos e non podemos desperdiciala.
Nesta web atoparás información útil para coñecer os teus dereitos como cidadán, poderás informarte sobre cursos, convocatorias e anuncios e, se o desexas, axilizarás as túas xestións coa Administración Local.
Tamén accederás a información sobre Sada, unha vila da que quen vivimos aquí sentímonos especialmente orgullosos porque temos motivos sobrados para iso.
Os visitantes tamén atoparedes motivos para visitar a web municipal de Sada e, sobre todo, para coñecer un municipio que ten no turismo un dos seus principais valores de futuro.
Uns e outros recibide unha aperta.
Concello de Sada © 2011 - Aviso Legal - Mapa Web - Contactar
Avenida da Mariña 25 - Tfno: 981 62 00 75 - Fax: 981 62 12 74