
Nesta web atoparás información útil para coñecer os teus dereitos como cidadán, poderás informarte sobre cursos, convocatorias e anuncios e, se o desexas, axilizarás as túas xestións coa Administración Local.
Tamén accederás a información sobre Sada, unha vila da que quen vivimos aquí sentímonos especialmente orgullosos porque temos motivos sobrados para iso.
Os visitantes tamén atoparedes motivos para visitar a web municipal de Sada e, sobre todo, para coñecer un municipio que ten no turismo un dos seus principais valores de futuro.
Uns e outros recibide unha aperta.




















