Vivenda

Portela asina o convenio de adhesión ao programa de Vivendas Baleiras

20/07/2016

A participación no convenio é libre para aqueles concellos interesados e o goberno de Sada sumouse a esta actuación o pasado 20 de maio cando comunicou a súa decisión de adhesión,  aínda que como lembra o alcalde de Sada, Benito Portela, “este convenio tampouco garante un baixo prezo da vivenda para os inquilinos en todos os casos”.

LER MÁIS

Urbanismo recorda a obrigatoriedade de manter en boas condicións de salubridade e seguridade os solares e terreos no casco urbano.

20/06/2016

- Este recordatorio establécese ante o abandono de certos peches e solares, moitos deles sobresaíndo á vía pública, e que poden causar accidentes os viandantes e veciños e doutra banda poden ser foco de aparición de roedores se non se manteñen e conservan en boas condicións de salubridade.

LER MÁIS

Portela incluirá a Sada no programa de vivendas baleiras

23/05/2016

- O goberno de Sada decidiu achegar a súa sinatura a este programa enfocado na axuda a persoas e familias en risco de exclusión social.

LER MÁIS

A oficina para asesoramento dos afectados polas inundacións tramitou 104 axudas.

20/04/2016

- A falta de dez días para que termine o prazo de presentación das axudas do real decreto 307/2015 o Concello de Sada ven de axudar na tramitación das solicitudes a cerca dun cento de afectados que tiveron asesoramento dos servizos sociais e da asesora xurídica do Consorcio das Mariñas.

LER MÁIS

Portela reclama a Feijoo rapidez na concesión de axudas para os afectados das inundacións

14/04/2016

- O alcalde de Sada, Benito Portela, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, solicitaron unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, para trasladarlle a situación dos concellos afectados polas inundacións do día 30 de marzo.

LER MÁIS

AXENDA