Turismo...

AXENDA

Turismo


Queiroa na rúa 2017

Queiroa na rúa 2017

30/06/2017

Este sábado "Queiroa na rúa" polas rúas de Sada. Cunha mostra do seu folclore. 

Visitarán as rúas máis céntricas para o deleite de veciñas, veciños e visitantes. Comeza ás 12, en lugar da hora marcada no cartaz.

Sada contará cunha plataforma flotante na Praia das Delicias

Sada contará cunha plataforma flotante na Praia das Delicias

29/06/2017

Desde a concelleria de Cultura instalouse ademais un novo posto de socorrismo e pasarelas adaptadas a persoas con mobilidade reducida e a próxima semana instalaranse catro casetas cambiadores con estética modernista.

Día do Deporte de Sada

Día do Deporte de Sada

28/06/2017

A concellería de Deportes organiza o DÍA DO DEPORTE de Sada o domingo 2 de xullo desde as 10:00 horas haberá exhibicións de unha veintena de deportes en tres zonas de Sada.

Promoción Económica e a Asociación de Empresarios acordan manter unha relación fluida que beneficie aos veciños de Sada

Promoción Económica e a Asociación de Empresarios acordan manter unha relación fluida que beneficie aos veciños de Sada

26/06/2017

- O primeiro paso a realizar é a ampliación do convenio existente entre a  asociación e o concello que permite afondar nas relacións entre  ambos entes e, incluso, amplialas con xuntanzas con outras entidades a  nivel comarcal, provincial e autonómico do sector na busca de  proxectos que enriquezan o tecido empresarial sadense.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 SOCORRISTAS ACUÁTICOS

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 SOCORRISTAS ACUÁTICOS

23/06/2017

ACTUALIZADO A 7 XULLO 2017

Selección polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, de catro (4) prazas de socorristas acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal. As persoas contratadas prestarán os seus servizos nas praias do Concello de Sada.

Seguridade na noite de San Xoán

Seguridade na noite de San Xoán

22/06/2017

A Concellería de Cultura e Praias, xestionada pola socialista María Pardo, está a traballar para manter a seguridade nos areais a noite do 23 ó 24 de xuño e que a celebración do San Xoán se realice con plenas garantías.

Sada acondiciona uns 8.000 metros de parcelas particulares para ampliar os aparcadoiros

Sada acondiciona uns 8.000 metros de parcelas particulares para ampliar os aparcadoiros

21/06/2017

O Goberno Municipal de Benito Portela mantén contactos cos donos de varias parcelas situadas no centro urbano para, da mesma maneira que o pasado verán, "conveniar a súa cesión temporal" e "acondicionalas como aparcadoiro público gratuíto" na contorna das Brañas. @salto@

SAN XOAN 2017

SAN XOAN 2017

19/06/2017

VIVE O SAN XOAN EN SADA

Venres 23 de xuño na área recreativa do Curruncho a partir das 19:00 horas. Sardiñas asadas, pan de broa, cunca de barro, bebida. Todo a 3€ a ración. Animación musical a cargo da Agrupación Queiroa, A Meda do Castro, Charanga NBAe Disco Móbil. A partir das 00:00 horas fogueiras, fogos de artificio e queimada