Turismo...

AXENDA

Turismo


I CONFERENCIA DE TURISMO SOSTIBLE NA RESERVA DA BIOSFERA

I CONFERENCIA DE TURISMO SOSTIBLE NA RESERVA DA BIOSFERA

10/04/2018

O Concello de Sada acolle os próximos 16 e 17 de abril a I Conferencia de Turismo Sostible na Reserva da Biosfera, a cal ten entre os seus fins difundir e transmitir coñecementos no eido do ecoturismo, tratando de ofrecer unha visión o máis ampla posible deste modelo de turismo, poñendo en valor e interconectando os produtos gastronómicos de excelencia, o patrimonio e a nosa etnografía, así como fortalecendo o emprendemento verde no territorio recoñecido internacionalmente pola UNESCO como Reserva de Biosfera.

Comenzan os traballos na Capela de San Roque

Comenzan os traballos na Capela de San Roque

07/04/2018

Os andamios instalados na Capela de San Roque en Sada supoñen o arranque a unhas obras que pretenden eliminar as deficiencias que presenta un dos espazos culturais máis singulares do municipio. O mal estado do inmoble era claramente visible, con desconchados nas fachadas. As obras adxudicáronse no principio do ano a Construcións e Proxectos Abilleira, por un importe de 42.702 euros.

Sada urxe actuacións para rexenerar a fachada marítima

Sada urxe actuacións para rexenerar a fachada marítima

06/04/2018

O bordo litoral e a fachada marítima de Sada é un dos sinais de identidade básicos de Sada. A sua posta en valor é un obxectivo prioritario para o goberno, en especial para a súa reforma e renovación urbana, inclúindo as actuacións de accesibilidade e mellora dos espazos públicos (viarios, beirarúas, espazos libres e zonas verdes), cuxo tratamento debe ser obxecto dunha proposta integral, que nunha primeira fase abarcará desde o entorno da antiga cafeteria Nautico ata o Curruncho, incluíndo unha reordenación da Rua da Praia. E para elo é imprescindible contar co acordo conveniado coa Demarcación de Costas.

O Concello de Sada valora moi positivamente a venda do hotel.

O Concello de Sada valora moi positivamente a venda do hotel.

26/03/2018

-Tras o anuncio esta mañá da venda do hotel de Sada o alcalde, Benito Portela, valora moi positivamente o acordo alcanzado entre Abanca e Alda Hoteles convencido de que xerará emprego e movemento noutros sectores económicos da localidade.

A Exposición da Camelia de As Mariñas amplía a presenza sadense nesta segunda edición

A Exposición da Camelia de As Mariñas amplía a presenza sadense nesta segunda edición

15/03/2018

-O número de expositores duplícase aumentando a presenza da flor dos xardíns de Sada.

@salto@

Patrimonio inicia os trámites para declarar BIC o Museo Carlos Maside.

Patrimonio inicia os trámites para declarar BIC o Museo Carlos Maside.

03/03/2018

A declaración de BIC do Museo Carlos Maside plasma o compromiso que adquirira o alcalde, Benito Portela, no acto de homenaxe a Carmen Arias “Mimina”, muller de Isaac Díaz Pardo e filla adoptiva de Sada, onde anunciara medidas para garantir a conservación dos fondos do museo Carlos Maside e a apertura ao público dun espazo que “é memoria do País que Isaac, Seoane e Mimina soñaron”. Portela, mostrase satisfeito polo traballo levado a cabo polo goberno local para por en valor tanto o edificio das Cerámicas do Castro como o valor artístico, cultural e histórico que atesora.

Aberto o prazo para participar na exposición da Camelia de As Mariñas que terá lugar en Sada o 24 e 25 de marzo

Aberto o prazo para participar na exposición da Camelia de As Mariñas que terá lugar en Sada o 24 e 25 de marzo

01/03/2018

O mes de marzo en Sada podería identificarse cunha flor: a camelia. Non só porque esta flor está no seu momento de máximo esplendor nestes meses de inverno como se pode comprobar en tantas casas do noso municipio e arredores senón porque a Concellería de Medio Ambiente de Sada aposta por ela por segundo ano consecutivo a través da Exposición da Camelia de As Mariñas.

Cultura entrega os premios Mar de Luces ás mellores fotografías de barcos engalanados no pasado nadal.

Cultura entrega os premios Mar de Luces ás mellores fotografías de barcos engalanados no pasado nadal.

24/01/2018

-O premio á mellor fotografía do xurado correspondeu á instantánea "O Solpor" realizada por Francisco Salvado Ferro. Pola súa banda o premio do público, saído dos "Me gusta" dos usuarios do facebook de Cultura outorgou o primeiro premio a Anxela Trillo Calo pola súa fotografía "Lóstregos Navais".