Turismo...

AXENDA

Turismo


Éxito da II Cervefeira Artesá de Sada

Éxito da II Cervefeira Artesá de Sada

25/10/2016

- A Cervefeira 2016 celebrada esta pasada fin de semana en Sada arroxou  cifras que a  consolidan coma un evento referencial da cultura da cervexa artesá en Galicia. 

Sada, 25 outubro 2016

Festas de Outono 2016

Festas de Outono 2016

24/10/2016

A concellería de Cultura e Praias xunto coa concellería de Educación, Xuventude e Saúde programan as Festas de Outono con numerosas actividades do Magosto e do Samaín para toda a familia.

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN TEMPORAL, DUN/HA TÉCNICO/A DE TURISMO

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN TEMPORAL, DUN/HA TÉCNICO/A DE TURISMO

21/10/2016

Actualizado a 21 outubro 2016

BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, CON CARÁCTER URXENTE E DE XEITO TEMPORAL, DUNH/A TÉCNICO/A DE TURISMO.

Máis de 30 tipos de cervexa poderanse degustar na II Cervefeira Artesá de Sada

Máis de 30 tipos de cervexa poderanse degustar na II Cervefeira Artesá de Sada

19/10/2016

-A concellería de Promoción Económica e Turismo, xestionada por Liss Suárez Becerra, organiza o evento que terá lugar do 21 o 23 de outubro na carpa instalada detrás do edificio da Terraza.

I Feira do Libro e Disco Antigo e de Ocasión de Sada

I Feira do Libro e Disco Antigo e de Ocasión de Sada

29/09/2016

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xestionada por Liss Suárez Becerra, organiza os días 15 e 16 de outubro a I Feira do Libro e Disco Antigo e de Ocasión nunha carpa instalada no Paseo Marítimo.

Sada abre a participación para a Feira da Cervexa Artesá de Sada - II Cervefeira 2016

Sada abre a participación para a Feira da Cervexa Artesá de Sada - II Cervefeira 2016

26/09/2016

Sada abre a participación para a II Cervefeira - Feira da Cervexa Artesá de Sada que se celebrará nunhas carpas instaladas no Paseo Marítimo os días 21, 22 e 23 de outubro.

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

20/09/2016

Co gallo da celebración do IV Outono de Tapas, previsto para o mes de novembro, a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medioambiente,  convoca ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza o vindeiro luns día 26 de setembro, ás 18:00 horas na Capela de San Roque, para expoñer o programa de actuacións que se realizarán respecto de devandito evento e ao mesmo tempo presentar as actividades previstas cara ó vindeiro ano.

O goberno de Sada quere transmitir o seu pesar polo pasamento de Manuel Couzo, Fillo Predilecto do noso Concello

O goberno de Sada quere transmitir o seu pesar polo pasamento de Manuel Couzo, Fillo Predilecto do noso Concello

12/09/2016

"Aínda que lonxe de nós e da súa terra, o Concello de Sada, co alcalde Benito Portela á cabeza, quere mostrar as súas condolencias pola perda de alguén tan querido para a colectividade sadense e galega na Arxentina. Sirvan estas palabras para lembrar aos que como Manuel Couzo tanto traballaron lonxe de Sada polos veciños e veciñas emigrados a través das asociacións como o Centro "Sada e Contornos" en Buenos Aires. As nosas condolencias e o noso máis sentido pésame”. Con estas palabras o Concello de Sada mostraba as súas condolencias o pasado sábado pola morte de Manuel Couzo Bermúdez anunciado desde a Arxentina.