Subvencións e axudas...

AXENDA

Subvencións e axudas


ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019

20/09/2018

A concellería de Deportes organiza en colaboración cós clubes deportivos de Sada as Escolas deportivas Municipais para o curso 2018-2019 que terán comezo o 1 de outubro e rematarán en xuño de 2019. Díptico informativo

Sada aproba a contratación da obra de pavimentación e mellora de instalacións da rúa Ponte

Sada aproba a contratación da obra de pavimentación e mellora de instalacións da rúa Ponte

20/09/2018

-O proxecto contempla actuacións de mellora de pavimento, a substitución dos pozos de rexistro de augas residuais, a construción dun pozo de rexistro para acceso á canle de pluviais, a substitución e inclusión de válvulas de corte xeral en tramos co obxecto de poder sectorizar en caso de avarías e finalmente a instalación de canalización subterránea para a iluminación pública así como a nova canalización de subministración e distribución de enerxía eléctrica ou telecomunicacións.

9.000 usuarios utilizaron a piscina das Cerámicas do Castro este verán.

9.000 usuarios utilizaron a piscina das Cerámicas do Castro este verán.

19/09/2018

- A piscina, xestionada pola concellería de Deportes, pechou as súas portas o pasado domingo batindo record de asistencia desde que fai tres anos  o goberno local decidise abrila ao público en periodo estival asumindo os gastos de mantemento e do persoal socorrista.

CONVOCATORIA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO.

CONVOCATORIA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO.

18/09/2018

Actualizado a 18 setembro 2018

As presentes bases rexerán a selección polo polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dun posto de técnica/o de turismo que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal.

MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA CURSO 2018-2019

MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA CURSO 2018-2019

17/09/2018

11/09/2018 - LISTADO DEFINITIVO MATRICULACIÓN EMMS. 2018-2019

31/08/2018 - ANUNCIO PRAZO EXTRAORDINARIO MATRICULACIÓN EMM CURSO 2018-2019

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2018-2019.

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2018-2019.

07/09/2018

Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos de concesión de axudas para afrontala os gastos orixinados polo comezo do curso escolar, constituíndo unha acción de fomento. A concesión das subvencións previstas nas presentes bases tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2018-2019

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2018-2019

04/09/2018

A presente convocatoria da concellería de Educación, Xuventude e Saúde, ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2018/2019, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.

Subvencións para mellora da eficacia enerxética, conservación, mellora da seguridade e da accesibilidade en vivendas

Subvencións para mellora da eficacia enerxética, conservación, mellora da seguridade e da accesibilidade en vivendas

24/08/2018

O Concello de Sada lembra que están abertas as liñas de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2018, con carácter plurianual. Ligazón á publicación no DOG do extracto da resolución da Xunta de Galicia