Subvencións e axudas...

AXENDA

Subvencións e axudas


Benito Portela solicita una reunión urxente coa recentemente nomeada conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato

Benito Portela solicita una reunión urxente coa recentemente nomeada conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato

21/11/2016

- O motivo da urxencia da reunión que solicita o alcalde de Sada ven dado polo recente nomeamento de Beatriz Mato ao fronte da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pero ademáis,  sinala Portela, para que se inclúan as obras dentro dos orzamentos do 2017 da Xunta de  Galicia “tendo en conta o obxectivo de presentar o proxecto de Orzamentos 2017 o 1 de decembro, como consta no informe sobre o calendario de elaboración dos Orzamentos para 2017 realizado pola Consellería de Facenda e analizado no Consello da Xunta”

A Fundación Barrié selecciona o proxecto “Illa Fantasía” para participar na V Convocatoria de Proxectos Escolares

A Fundación Barrié selecciona o proxecto “Illa Fantasía” para participar na V Convocatoria de Proxectos Escolares

20/11/2016

- O proxecto Illa Fantasía, único seleccionado na provincia da Coruña (os outros corresponden a Pontevedra e Ourense), participou na modalidade de Intercentros.

- "Este curso o proxecto continuou crecendo grazas ao traballo e a implicación do profesorado e nél xa participan centros escolares doutros municipios, sinala Raquel Bolaño, neste senso compre agradecer tamén a implicación  das áreas de educación dos concellos de Culleredo e Betanzos que están a apoiar aos seus respectivos colexios nesta iniciativa"

I Premio Provincial á mellor iniciativa Empresarial

I Premio Provincial á mellor iniciativa Empresarial

18/11/2016

A Deputación da Coruña convoca a primeira edición do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial da Provincia, un galardón incluído entre as accións de apoio a persoas emprendedoras do Plan de Emprego Local (PEL) 2016-2019 co que se pretende recoñecer e promocionar o traballo realizado polas empresas, persoas emprendedoras e autonónomas coruñesas, así como contribuír ao crecemento e desenvolvemento das mesmas cun premio en metálico de 50.000 euros, que se dividirá en dúas categorías.

O servizo de emprego de Sada informa dun obradoiro audiovisual

O servizo de emprego de Sada informa dun obradoiro audiovisual

18/11/2016

O servizo de emprego de Sada informa dun Obradoiro Audiovisual para persoas menores de 30 anos.

@salto@

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2016-2017.

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2016-2017.

17/11/2016

ACTUALIZACIÓN 18 NOVEMBRO 2016

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas, desde a concellería de Educación, Xuventude e Saúde, ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados. 

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2016-2017

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2016-2017

17/11/2016

ACTUALIZADO 15 NOVEMBRO 2016

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas da concellería de Educación, Xuventude e Saúde para os desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2016/2017, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos

Emprego organiza un curso gratuito de manipulador de alimentos

Emprego organiza un curso gratuito de manipulador de alimentos

16/11/2016

O Concello de Sada organiza a través da concellería de Urbanismo e Emprego e dentro do I Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), a seguinte acción formativa:

Curso de manipulación de alimentos:

Sada integra a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación do municipio

Sada integra a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación do municipio

14/11/2016

-O alcance das inundacións no pasado mes de marzo xerou elevadas perdas económicas aos comerciantes e a poboación residente, polo que desde o goberno local é prioritario analizar a viabilidade de actuacións estratéxicas que reduzan este risco e levalas á práctica canto antes.“Resulta estratéxico, sinalou o alcalde Benito Portela, realizar unha selección de medidas para propiciar o desenvolvemento da política municipal planificada tendo en conta a necesidade de adaptación da ordenación do territorio e deseño de infraestruturas aos cambios climatolóxicos acaecidos nas últimas décadas".