Participación cidadá...

AXENDA

Participación cidadá


As Mariñas Coruñesas conmemora en Sada o seu terceiro aniversario aspirando a ser “peza crave” na rede mundial de reservas de biosfera

As Mariñas Coruñesas conmemora en Sada o seu terceiro aniversario aspirando a ser “peza crave” na rede mundial de reservas de biosfera

30/05/2016

“Recuperar os nosos produtos autóctonos e darlles un novo valor é innovar”, sinalou o presidente, José Antonio Santiso.

-“Sada ten a porta aberta, indicou o alcalde Benito Portela, a todas as persoas que queiran  traballar nos tres ámbitos que consideramos primordiais como son o desenvovemento do sector primario, a divulgación ambiental e a protección do patrimonio ambiental.”

O concello aproba en pleno o Regulamento de Medidas para a Inclusión Social

O concello aproba en pleno o Regulamento de Medidas para a Inclusión Social

30/05/2016

A instancias da concellaría de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, aprobouse o pasado xoves o regulamento de medidas para a inclusión social.

REGULAMENTO DE MEDIDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL

III MARATÓN ORNITOLÓXICA NA RESERVA DE BIOSFERA  “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”

III MARATÓN ORNITOLÓXICA NA RESERVA DE BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”

25/05/2016

Actividade lúdica que consiste en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro dos municipios da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e A Coruña, nun tempo determinado. O obxectivo é achegar a ornitoloxía ao público en xeral, fornecendo o coñecemento das aves, aprendendo a respectalas e a gozar da súa presenza, así como poñer en valor os atractivos naturais desta Reserva de Biosfera.

Cultura entrega os premios da actividade das Letras Galegas.

Cultura entrega os premios da actividade das Letras Galegas.

25/05/2016

- A actividade consistía en contestar as preguntas do reto “Que sabes ti de?” así como completar poemas de Manuel María buscando que os participantes se sentisen “Poeta  por un día”. 

Sada celebra a VII Festa da Xiba este fin de semana.

Sada celebra a VII Festa da Xiba este fin de semana.

25/05/2016

-A Festa da Xiba celebrarase do venres 27 ao domingo de maio en 32 establecementos hostaleiros sadenses.

- A concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, dirixida por Xosé Lois Suárez Becerra, repartirá gratuitamente entre os locais participantes 600 quilogramos de xiba.

Os centros escolares de Sada analizan os efectos do cambio climático entre as especies da flora e a fauna local.

Os centros escolares de Sada analizan os efectos do cambio climático entre as especies da flora e a fauna local.

23/05/2016

- O programa de participación ambiental denomínase "Seguimento Fenológico e do Estado de biodiversidade nas Reservas de Biosfera de Galicia", e está apoiado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente.

Portela incluirá a Sada no programa de vivendas baleiras

Portela incluirá a Sada no programa de vivendas baleiras

23/05/2016

- O goberno de Sada decidiu achegar a súa sinatura a este programa enfocado na axuda a persoas e familias en risco de exclusión social.

- O alcalde de Sada, Benito Portela, entrevistarase nos próximos días con Heriberto García Porto, director do Instituto Galego da Vivenda e Solo para preparar o convenio do programa.

Seis asociacións de veciños de Sada programan unha excursión á Festa do Viño tinto do Salnés

Seis asociacións de veciños de Sada programan unha excursión á Festa do Viño tinto do Salnés

20/05/2016

As asociacións de veciños de Meirás, Veigue, Carnoedo, O Castro, Mondego e Mosteirón (O Plátano) organizan unha excursión o vindeiro sábado 4 de xuño á Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia.