Obras e servizos

Sada adxudica obras de saneamento e pavimentación por 191.406 euros

01/12/2016

O goberno municipal de Sada ven de adxudicar tres obras de mellora de saneamento e pavimentación por valor de 191.406,42€.

LER MÁIS

A concellería de Educación licitou a prolongación da marquesiña do colexio Pedro Barrié de Mondego para lograr a cubrición completa da entrada principal.

01/12/2016

-“Se trata, sinala a concelleira socialista Raquel Bolaño, do compromiso adquirido por min coa comunidade escolar e que consiste na continuación da pasarela-corredor, unindo neste caso as dúas portas de entrada por onde entran os escolares.”

LER MÁIS

Benestar mellora a escola infantil Flora Ramos con máis seguridade e con dispositivos para implantación novas tecnoloxias.

30/11/2016

-As obras realizadas durante todo este ano na Escola Infantil Flora Ramos levaronse a cabo con cargo a unha partida de 15,000€, que a concelleira nacionalista de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, habilitou no orzamento do 2016 para realizar diversas reformas e melloras nos edificios das competencias da propia concellaría.

LER MÁIS

Portela solicita á conselleira de Medio Ambiente a realización da canalización do río Maior ao seu paso por Sada

30/11/2016

- Na reunión que mantiveron onte pola mañá en Santiago o alcalde de Sada mostroulle á conselleira de Medio Ambiente o estudo realizado polo GEAMA e EMALCSA onde ademais de buscar as causas das inundacións do pasado 30 de marzo indícanse as solucións achegadas polo grupo de enxeñaría da Universidade da Coruña.

LER MÁIS

O grupo de enxeñería da Universidade da Coruña e EMALCSA presentan o martes 13 de decembro na Casa da Cultura o estudo das inundacións en Sada

28/11/2016

- O alcalde de Sada, Benito Portela, anima a todos os veciños e veciñas interesadas a acudir á charla o martes 13 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

LER MÁIS

AXENDA