Mobilidade...

AXENDA

Mobilidade


O goberno local de Sada realiza obras de accesibilidade ao Centro de Saúde e na EI Flora Ramos

O goberno local de Sada realiza obras de accesibilidade ao Centro de Saúde e na EI Flora Ramos

09/05/2016

-Obras e Servizos acometeu na rúa que da acceso ao centro de Saúde diversas actuacións de mellora en materia de mobilidade que os usuarios demandaban desde hai tempo.

- Benestar acometeu obras de mellora na accesibilidade á escola infantil Flora Ramos e antes de fin de ano acondicionará o seu exterior para dotar dun novo parque de xogos ao centro.

Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos.

Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos.

06/05/2016

Estamos a iniciar o deseño e elaboración da Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos. Dita Estratexia deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Aprobada a modificación do proxecto de saneamento entre Carnoedo e Mondego.

Aprobada a modificación do proxecto de saneamento entre Carnoedo e Mondego.

28/04/2016

- A modificación non é substancial posto que as partidas que se inclúen son propias deste tipo de obras de instalación de servizos e a obra reformada tampouco cambia a finalidade por ser idéntica á orixinal e ser o seu obxectivo a dotación do servizo de saneamento.

Sada licita obras nas parroquias de Meirás, Osedo e Veigue por  valor de 170.000 euros

Sada licita obras nas parroquias de Meirás, Osedo e Veigue por valor de 170.000 euros

25/04/2016

- A Xunta de Goberno aprovou onte a licitación das obras de remodelación do parque infantil de Souto da Igrexa en Meirás, a ampliación e mellora dos servizos de auga e saneamento en Veigue e a pavimentación do camino de Seixeda a A Fraga en Osedo.

Os informes e as declaracións da Xunta coinciden nas correctas actuacións levadas a cabo nas inundacións

Os informes e as declaracións da Xunta coinciden nas correctas actuacións levadas a cabo nas inundacións

21/04/2016

- O goberno local presentou no Pleno de onte os informes dos servizos de emerxencias e dos corpos de seguridade.

-O 112 avisou da alerta laranxa para a zona de Sada o día 30 de marzo as 7:16 horas cando desde as 4:15 horas o alcalde, Benito Portela, e os servizos de emerxencia, seguridade e obras xa estaban no lugar das inundacións.

II Milla Urbana de Sada

II Milla Urbana de Sada

13/04/2016

O Club Atletismo Sada e a Federación Galega de Atletismo, organizaron o pasado 10 de abril a II Milla Urbana de Sada, proba valedoira para o Campionato de Galicia da distancia en categorías Veterano e absoluto, tanto masculino como feminino. Ademais celebrouse o Campionato de Galicia para as categorías cadete, infantil, alevin e benjamín na distancia de 1.000 metros e paralelamente celebráronse carreiras populares nas mencionadas distancias.

Benito Portela insiste nas administracións para que se compense aos afectados e Sada non volva sufrir inundacións

Benito Portela insiste nas administracións para que se compense aos afectados e Sada non volva sufrir inundacións

06/04/2016

- O alcalde de Sada, Benito Portela, reuniuse esta mañá con asesores e técnicos na Delegación de Goberno de cara a demandar todas as axudas que dentro do marco lexistlativo poidan solicitarse á vista do sucedido en Sada.