Formación...

AXENDA

Formación


Sada organiza un curso gratuito de manipulación de alimentos frescos

Sada organiza un curso gratuito de manipulación de alimentos frescos

27/06/2018

A concellería de Urbanismo e Emprego oferta 25 prazas no curso onde terán preferencia as persoas empadroadas en Sada

 

Sada apoia a campaña #construindodiversidade

Sada apoia a campaña #construindodiversidade

25/06/2018

Con motivo do 28 de xuño, Dia do Orgullo LGTQI, o Concello de Sada a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, pendura a bandeira do arco da vella na fachada da Casa consistorial.

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES

19/06/2018

O vindeiro xoves 5 xullo ás 17:30 h terá lugar na cámara agraria de Riobao, un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres maiores de 16 anos. 

A concellería de Igualdade e Benestar colabora coa Deputación Provincial na organización deste obradoiro para o cual destina 15 prazas. As solicitantes poderanse anotar chamando ao teléfono dos Servizos Sociais municipais (981 620 5679 e tamén no teléfono 981 576 469.

Sada mostra o seu apoio aos veciños e veciñas de Touro e O Pino e rexeita o proxecto de reapertura da explotación mineira Cobre San Rafael

Sada mostra o seu apoio aos veciños e veciñas de Touro e O Pino e rexeita o proxecto de reapertura da explotación mineira Cobre San Rafael

06/06/2018

-“Estamos ante un proxecto, indicou o concelleiro de Urbanismo Francisco Montouto,  cun impacto ambiental inasumible non soamente polos veciños deses concellos senon por todos os cidadáns de Galicia cun impacto sobre a saúde preocupante de consencuencias negativas incalculables para as persoas, para a biodiversidade e para os medios de vida futura”

Formación para máis de 1.000 escolares de Sada no programa de educación ambiental da Reserva de Biosfera

Formación para máis de 1.000 escolares de Sada no programa de educación ambiental da Reserva de Biosfera

31/05/2018

A gala final deste proxecto tivo lugar hoxe no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

Sada, 31 de maio de 2018.

ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA

ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA

29/05/2018

Dende o Instituto de ​Estudos do Territorio da Xunta de Galicia Informan sobre o PROCESO DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA para a elaboración da ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA, e en concreto, convidan ás persoas interesadas a asistir o venres 1 de xuño ás 18:00h no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Castelo de Santa Cruz, Illa Santa Cruz, s/n, OLEIROS) ao encontro de participación cidadá para as comarcas de Mariñas-Betanzos.

Decenas de persoas participaron nunha nova edición dos "Almorzos saudables"

Decenas de persoas participaron nunha nova edición dos "Almorzos saudables"

29/05/2018

A praza Irmáns Suárez Picallo acolleu unha nova edición do programa Almorzo saudable que promove a concellaría de Educación, Xuventude e Saúde.

Os asistentes gozaron dun menú a base de comida ecolóxica e produtos frescos e para celíacos. Despois do almorzo realizáronse clases de pilates, ioga e ximnasia de mantemento coa colaboración da AA.VV. Armental de Carnoedo e do Centro Deportivo Sada.

Curso nivel básico de prevención na construción

Curso nivel básico de prevención na construción

10/05/2018

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada organiza o curso Nivel Básico de Prevención na Construción 60 h. (modalidade mixta 20 h. presenciais e 40 h. teleformación)