Formación

Emprego de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio organiza formación específica de Carretilleiro/a e Escaparatismo

22/03/2017

A concellería de Emprego do Concello de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña organiza formación dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 125 horas.

LER MÁIS

Sada únese ao programa APEGO para fomentar o uso do galego desde os primeiros anos de vida

21/03/2017

-Os municipios coruñeses de Sada e Cee, a cidade de Lugo, as localidades pontevedresas de Nigrán, Ponteareas e Vilagarcía e o concello ourensán do Carballiño, adheríronse ao programa 'Apego', e pasan a unirse ás outras 23 xa incorporadas a este programa. Con iso, xa forman parte de 'Apego' as sete grandes cidades galegas e "as principais áreas urbanas" de Galicia.

LER MÁIS

Emprego organiza un curso gratuito de preparación de competencias clave

13/03/2017

Calquera persoa que non teña o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou estudios homologados é candidata a preparar as competencias clave que lle abrirán as portas para acceder á formación ocupacional e aos obradoiros de emprego, en concreto aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. 

LER MÁIS

O goberno local recupera o Centro de Formación Ocupacional de Osedo

10/03/2017

- O goberno local de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, proxecta o acondicionamento do Centro de Formación Ocupacional de Osedo para que volva usarse e faino coa proposta de recuperar as súas dimensións orixinais, xa que o edificio sufriu algunhas ampliacións cuestionables.

LER MÁIS

AXENDA