Educación...

AXENDA

Educación


Actividades extraescolares municipais e actividades formativas adultos. Sada Educa - curso 2015-2016

Actividades extraescolares municipais e actividades formativas adultos. Sada Educa - curso 2015-2016

06/09/2015

Sada Educa é un programa promovido pola Concellaría Educación, Xuventude e Saúde, do Concello de Sada, que conxuga actividades extraescolares e formativas para adultos fóra do horario lectivo, a maior parte delas nos centros educativos do municipio e no local de actividades da Oficina da Xuventude. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte no caso das extraescolares, na creación dunha oferta socieducativa que permita a conciliación da vida familiar e laboral. Os obxectivos que se derivan do paquete de actividades para adultos, parten dunha demanda formativa para fomentar o plurilingüismo e o aprendizaxe de novos idiomas.

Convocatoria axudas transporte e escolarización curso 2015-2016

Convocatoria axudas transporte e escolarización curso 2015-2016

06/09/2015

Publicación no B.O.P. das axudas escolarización e transporte. Finaliza o prazo de presentación de instancias o 1 de outubro de 2015. A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.

Escola Infantil Flora Ramos - Curso 2015/2016

Escola Infantil Flora Ramos - Curso 2015/2016

01/09/2015

Documentos relativos Curso : 2015/2016

MODELO DE FORMALIZACIÓN

A Galiña Azul. Curso 2015/2016

A Galiña Azul. Curso 2015/2016

10/01/2015

Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes de esta entidade para o curso 2015-2016. Descargar