Economía...

AXENDA

Economía


Sada crea unha app para vender o atractivo turístico

Sada crea unha app para vender o atractivo turístico

13/02/2017

Os usuarios de Android teñen a partir de agora unha nova app onde poden coñecer os principais puntos turísticos de Sada grazas á aplicación que o Concello puxo en marcha con este fin. Esta nova ferramenta de promoción foi impulsada pola Concellaría de Turismo e Promoción Económica e nela recóllese información de comercios, hostalaría e servizos que ofrece o municipio aos visitantes.

Sada presenta o Programa de Educación Ambiental “Somos biosfera”

Sada presenta o Programa de Educación Ambiental “Somos biosfera”

10/02/2017

O concelleiro Xosé Lois Suárez Becerra, presentou xunto con representantes da Reserva da Biosfera e os directores dos colexios de Sada e Contornos, Miguel Gayoso e Pedro Barrié de la Maza, Ovidio Airas, o Programa de Educación Ambiental “Somos Biosfera”,  unha iniciativa da concellaría de Medio Ambiente e o GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) das Mariñas-Betanzos.

Sada convoca á veciñanza a unha presentación para dar a coñecer o proceso de creación dos Consellos Sectoriais.

Sada convoca á veciñanza a unha presentación para dar a coñecer o proceso de creación dos Consellos Sectoriais.

30/01/2017

 -Un dos obxetivos finais do proceso de participación cidadá posto en marcha coa creación dos Consello Sectoriais é a participación das asociacións e da veciñanza nos orzamentos en próximos anos.

Educación e Cultura entregan os premios do concurso Ilumina o Nadal.

Educación e Cultura entregan os premios do concurso Ilumina o Nadal.

20/01/2017

As concelleiras socialistas de Educación, Raquel Bolaño, e Cultura, María Pardo, entregaron os premios do concurso Ilumina ou Nadal aos establecementos que resultaron gañadores nas votacións realizadas a través do facebook da OMIX.

Promoción Económica presenta en Fitur unha guía gastronómica de Sada

Promoción Económica presenta en Fitur unha guía gastronómica de Sada

20/01/2017

-A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente que dirixe o nacionalista Xosé Lois Suárez Becerra, está presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid, dentro do stand da Deputación ca Coruña, con novo material promocional.

Sada acolle  as xornadas de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local da zona pesqueira GALP Golfo Artabro Sur

Sada acolle as xornadas de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local da zona pesqueira GALP Golfo Artabro Sur

18/11/2016

-Coa presenza do concelleiro nacionalista Liss Suárez Becerra e do alcalde de Sada, Benito Portela celebrouse esta mañá na Casa do Mar a mesa de traballo do Sector Público. Xa pola tarde celébraronse as mesas de traballo de Medio ambiente e Patrimonio, de Economía e Turismo e do Sector Pesqueiro.

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2016-2017.

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2016-2017.

17/11/2016

ACTUALIZACIÓN 18 NOVEMBRO 2016

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas, desde a concellería de Educación, Xuventude e Saúde, ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados. 

Xornadas de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local da zona pesqueira GALP Golfo Artabro Sur

Xornadas de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local da zona pesqueira GALP Golfo Artabro Sur

16/11/2016

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro do Golfo Ártabro Sur, está elaborando a Estratexia de Desenvolvemento Local da zona pesqueira para o período de programación 2014-2020 do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.