Economía...

Economía


Sada aproba os orzamentos máis sociais da súa historia.

Sada aproba os orzamentos máis sociais da súa historia.

27/04/2018

-Os orzamentos 2018 se elevan a 12.755.418€, un 5% máis que no 2017 e contaron co voto favorable da mayoría da corporación no pleno celebrado onte.

- A débeda pública do Concello de Sada segue a ser cero, ao igual que no exercicio anterior.

Festa da Xiba 2018 en Sada

Festa da Xiba 2018 en Sada

16/04/2018

Os asistentes a estas xornadas gastronómicas poderán degustar nos 13 locais hostaleiros participantes este exquisito cefalópodo servido en forma de tapa con cada consumición ao prezo de 1€ euro.

BIC para o edificio de A Terraza.

BIC para o edificio de A Terraza.

16/04/2018

No DOGA do día de hoxe, 16 de abril, publicase a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural, coa categoría de monumento, a Terraza de Sada.

Sada acolle as conferencias de Turismo Sostible da Reserva da Biosfera

Sada acolle as conferencias de Turismo Sostible da Reserva da Biosfera

16/04/2018

Esta mañá inauguráronse e celebrouse a primeira parte das Conferencias de Turismo Sostible da Reserva da Biosfera coa presenza con concelleiro de promoción Económica e Turismo de Sada, Liss Suárez Becerra; do diputado provincial de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, Xosé Regueira Varela; do presidente do consello de dirección da Reserva, Jose A. Santiso; e a directora de Turismo de Galicia, Maria Nava Castro.

I CONFERENCIA DE TURISMO SOSTIBLE NA RESERVA DA BIOSFERA

I CONFERENCIA DE TURISMO SOSTIBLE NA RESERVA DA BIOSFERA

10/04/2018

O Concello de Sada acolle os próximos 16 e 17 de abril a I Conferencia de Turismo Sostible na Reserva da Biosfera, a cal ten entre os seus fins difundir e transmitir coñecementos no eido do ecoturismo, tratando de ofrecer unha visión o máis ampla posible deste modelo de turismo, poñendo en valor e interconectando os produtos gastronómicos de excelencia, o patrimonio e a nosa etnografía, así como fortalecendo o emprendemento verde no territorio recoñecido internacionalmente pola UNESCO como Reserva de Biosfera.

Sada urxe actuacións para rexenerar a fachada marítima

Sada urxe actuacións para rexenerar a fachada marítima

06/04/2018

O bordo litoral e a fachada marítima de Sada é un dos sinais de identidade básicos de Sada. A sua posta en valor é un obxectivo prioritario para o goberno, en especial para a súa reforma e renovación urbana, inclúindo as actuacións de accesibilidade e mellora dos espazos públicos (viarios, beirarúas, espazos libres e zonas verdes), cuxo tratamento debe ser obxecto dunha proposta integral, que nunha primeira fase abarcará desde o entorno da antiga cafeteria Nautico ata o Curruncho, incluíndo unha reordenación da Rua da Praia. E para elo é imprescindible contar co acordo conveniado coa Demarcación de Costas.

O goberno local de Sada propón ao pleno un plan para reducir un 77% o consumo enerxético público do municipio

O goberno local de Sada propón ao pleno un plan para reducir un 77% o consumo enerxético público do municipio

04/04/2018

-O goberno local inclúe no pleno ordinario de hoxe mércores proxectos que favorecen o paso a una economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, solicitando a concesión de subvencións para cada un deles.

A concellería de Urbanismo e Emprego organiza un curso gratuito de Competencias Clave

A concellería de Urbanismo e Emprego organiza un curso gratuito de Competencias Clave

14/03/2018

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada, xestionada por Francisco Montoruto, organiza no seu Plan de Formación para o Emprego o curso gratuito para preparar o exame de competencias clave nivel 2 e 3 a e habilitará transporte gratuíto para a asistencia ao mesmo.