Deporte

II Milla Urbana de Sada

13/04/2016

O Club Atletismo Sada e a Federación Galega de Atletismo, organizaron o pasado 10 de abril a II Milla Urbana de Sada, proba valedoira para o Campionato de Galicia da distancia en categorías Veterano e absoluto, tanto masculino como feminino. Ademais celebrouse o Campionato de Galicia para as categorías cadete, infantil, alevin e benjamín na distancia de 1.000 metros e paralelamente celebráronse carreiras populares nas mencionadas distancias.

LER MÁIS

Educación informa das axudas do programa de Inmersión Lingüistica

07/04/2016

A Concellaría de Educación, Xuventude e Saude do Concello de Sada, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, informa que está aberto o prazo para solicitar as axudas do programa de Inmersión Lingüistica que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

LER MÁIS

Campionato Escolar Provincial de Técnica, Exhibición e Free-Style de Taekwondo

29/03/2016

O sábado 9 de Abril, o Natural Sport Sada de taekwondo organiza o Campionato Escolar Provincial de Técnica, Exhibición e Free-Style, en colaboración coa concellería de Deportes do Concello de Sada.

LER MÁIS

Sada acolle unha proba de Agility o 16 y 17 de abril

22/03/2016

Horario: 16 de Abril 2016 (Sábado): 15.30 Entrega de documentación 16:00 Inicio da Proba - Agility G1 (Xuíz: Domingos Carneiro) - Agility G2 e G3 (Xuíz: Domingos Carneiro) - Entrega de premios -Agility G0 (Xuíz: Jorge Ramos) Horario 17 de Abril 2016 (Domingo): 9.30 -Entrega de documentación 10.00 - Inicio da Proba - Agility G1(Xuíz: Domingos Carneiro) - Agility G2 e G3 (Xuíz: Domingos Carneiro) - Entrega de premios -Agility G0 (Xuíz: Jorge Ramos) @salto@ 

LER MÁIS

Miguel Orro Muiños, do Natural Sport Sada, ouro no Open de Holanda de taekwondo

15/03/2016

-O xoven deportista recibiu a felicitación do Concello a través de Zeltia García, concelleira de deportes, "polo seu importante éxito deportivo logrado en Eindhoven". Sada, 16 de marzo 2016. O taekwondista Miguel Orro Muiños, de 16 anos, gañou a Medalla de Ouro no Open de Holanda de Taekwondo, un dos campionatos máis duros do circuíto europeo, celebrado o pasado domingo na cidade de Eindhoven. A pesar da súa mocidade, Miguel Orro Muiños atesoura no seu curriculum numerosos títulos. A principios de 2012 proclamouse campión galego infantil; a finais dese ano xa se converteu en campión de España en categoría minimosca (menos de 33 quilos) e en xaneiro de 2013 colgouse o ouro no Campionato de Europa de Taekwondo por clubs que se celebrou en Atenas (Grecia). Recentemente logrou a medalla de ouro do Campionato de España Junior O xoven deportista que adestra co club Natural Sport en Sada, recibiu a felicitación do Concello a través de Zeltia García, concelleira de deportes "polo seu importante éxito deportivo logrado en Eindhoven".

LER MÁIS

AXENDA