Cultura...

AXENDA

Cultura


A Festa dá Filloa de Sada repartiu 8.000 filloas o Martes de Entroido

A Festa dá Filloa de Sada repartiu 8.000 filloas o Martes de Entroido

02/02/2016

-A carpa situada detrás da Terraza acolleu a XXXI edición da Festa dá Filloa que contou coa participación das asociacións de Sada elaborando as filloas no momento e que se dispensaron ao prezo de 1€ por ración de catro unidades.

Cultura aumenta un 100% as partidas destinadas á Biblioteca e creará unha escola municipal de Danza.

Cultura aumenta un 100% as partidas destinadas á Biblioteca e creará unha escola municipal de Danza.

22/01/2016

A concellaría xestionada polos socialista Marcos Villar contempla ademais un aumento do 65% na partida destinada ao acondicionamento das praias do municipio.

A Banda de Música contará con partida orzamentaria independente cunha dotación de 3.000€ para o desenvolvemento de actividades.

Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Sada na Casa da Cultura as 19:00 horas

Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Sada na Casa da Cultura as 19:00 horas

05/01/2016

A cabalgata partirá da Lonxa do porto de Sada as 18:00 horas salvo causa de forza maior por culpa do temporal.

@salto@

A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

14/11/2015

Orfebrería, velería, palilleiras, canteiros, artesanía en barro e en coiro, carpintería de ribeira, textiles, stands de mermeladas tradicionais, alfarería de Bonxe e distintos tipos de artesanos de bisutería expoñerán en Sada durante todo o fin de semana na carpa situada detrás da Terraza. Paralelamente celebraranse talleres de oficios, demostracións de palilleiras, charlas de cantautores, concertos e sorteos de agasallos. Programa I Feira Oficios Artesáns

Actividades extraescolares municipais e actividades formativas adultos. Sada Educa - curso 2015-2016

Actividades extraescolares municipais e actividades formativas adultos. Sada Educa - curso 2015-2016

06/09/2015

Sada Educa é un programa promovido pola Concellaría Educación, Xuventude e Saúde, do Concello de Sada, que conxuga actividades extraescolares e formativas para adultos fóra do horario lectivo, a maior parte delas nos centros educativos do municipio e no local de actividades da Oficina da Xuventude. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte no caso das extraescolares, na creación dunha oferta socieducativa que permita a conciliación da vida familiar e laboral. Os obxectivos que se derivan do paquete de actividades para adultos, parten dunha demanda formativa para fomentar o plurilingüismo e o aprendizaxe de novos idiomas.