Cultura

A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

14/11/2015

Orfebrería, velería, palilleiras, canteiros, artesanía en barro e en coiro, carpintería de ribeira, textiles, stands de mermeladas tradicionais, alfarería de Bonxe e distintos tipos de artesanos de bisutería expoñerán en Sada durante todo o fin de semana na carpa situada detrás da Terraza. Paralelamente celebraranse talleres de oficios, demostracións de palilleiras, charlas de cantautores, concertos e sorteos de agasallos. Programa I Feira Oficios Artesáns

LER MÁIS

Escola municipal de teatro. Curso 2015/16

01/10/2015

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Sada convocamos un novo curso da Escola de Teatro Municipal. Como nos anos anteriores, o auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns será a sede dende a que se desenvolverá a labor formativa da nosa escola.

LER MÁIS

Actividades extraescolares municipais e actividades formativas adultos. Sada Educa - curso 2015-2016

06/09/2015

Sada Educa é un programa promovido pola Concellaría Educación, Xuventude e Saúde, do Concello de Sada, que conxuga actividades extraescolares e formativas para adultos fóra do horario lectivo, a maior parte delas nos centros educativos do municipio e no local de actividades da Oficina da Xuventude. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte no caso das extraescolares, na creación dunha oferta socieducativa que permita a conciliación da vida familiar e laboral. Os obxectivos que se derivan do paquete de actividades para adultos, parten dunha demanda formativa para fomentar o plurilingüismo e o aprendizaxe de novos idiomas.

LER MÁIS

AXENDA