Benestar Social...

Benestar Social


Sada participa na campaña Construíndo Diversidade

Sada participa na campaña Construíndo Diversidade

28/06/2017

-Sada, a través da concellería de Benestar que xestiona Isabel Reimundez, participa xunto con outros 30 concellos da provincia na campaña Construíndo Diversidade, impulsada pola Deputación da Coruña como iniciativa de sensibilización na conmemoración da data reivindicativa dos dereitos da comunidade LGTBQI.

Premio para un traballo da escola infantil Galiña Azul de Sada

Premio para un traballo da escola infantil Galiña Azul de Sada

20/06/2017

A escola infantil Galiña Azul de Sada gañou o primeiro premio, na categoría de 0 a 3 anos, do concurso Refugallando Cartón 2017, organizado polo Consorcio As Mariñas que está dotado con 600 euros. O xurado do premio destacou a creatividade e orixinalidade do proxecto desta escola infantil.

Benestar potencia o servizo de Diversidade Funcional con saídas lúdicas no verán.

Benestar potencia o servizo de Diversidade Funcional con saídas lúdicas no verán.

15/06/2017

-Sada celebrou o acto de clausura das actividades de diversidade funcional, un servizo municipal que xestiona a nacionalista Isabel Reimundez dentro da concellería de Benestar Social e Igualdade.

Presentación do Festival Rock Solidario ASPACE e o I Festival Food Trucks de Sada

Presentación do Festival Rock Solidario ASPACE e o I Festival Food Trucks de Sada

31/05/2017

Esta mañá celebrouse no Salón de Plenos do Concello a presentación do IX Festival Rock Solidario ASPACE e o I Festival Food Trucks de Sada

Vídeo Presentación

Benestar humaniza os espazos ao aire libre da Escola Infantil Municipal Flora Ramos

Benestar humaniza os espazos ao aire libre da Escola Infantil Municipal Flora Ramos

10/05/2017

-A concelleira Isabel Reimundez sinala que “despois de todas as obras realizadas ata o momento na escola infantil Flora Ramos, seguimos apostando por mellorar e dotar as instalacións municipais, das que fan uso os nenos e nenas de Sada,  con zonas máis humanizadas ao aire libre”.

Os Consellos Sectoriais Ambiental, de Ensino, Infancia e Mocidade e o de Deportes xa son unha realidade en Sada.

Os Consellos Sectoriais Ambiental, de Ensino, Infancia e Mocidade e o de Deportes xa son unha realidade en Sada.

02/05/2017

-Nas dúas vindeiras semanas está prevista a constitución dos Consellos Sectoriais de Cultura, Benestar Social e Muller, Promoción Económica, e Recreativo/Veciñal.

Os veciños e veciñas de Sada xa poden participar activamente nos temas municipais a través dos Consellos Sectoriais

Os veciños e veciñas de Sada xa poden participar activamente nos temas municipais a través dos Consellos Sectoriais

24/04/2017

-Hoxe reúnese o consello Ambiental, mañá o de Ensino, Infancia e Mocidade e o vernes o de Deportes. Nas dúas próximas semanas terán lugar os Consellos Sectoriais de Cultura, de Benestar Social e Muller, de Promoción Económica e o Recreativo Veciñal.

Sada publica as bases reguladoras do programa de vivendas baleiras

Sada publica as bases reguladoras do programa de vivendas baleiras

18/04/2017

- O goberno de Sada asinou o pasado ano este programa enfocado na axuda a persoas e familias en risco de exclusión social.

-Terán prioridade no acceso ao programa de vivendas baleiras as unidades familiares nas que foran privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como inundacións.