Benestar Social

Benestar esta a levar a cabo nos colexios de Sada un programa que fomente a igualdade real entre homes e mulleres.

18/10/2016

- “E importante concienciar ao alumnado, sinala a concelleira Isabel Reimundez, da importancia dunha educación en igualdade como por exemplo que as tarefas e actividades domésticas, deben ser compartidas por homes e mulleres”

LER MÁIS

Benestar programa un curso de alfabetización para persoas adultas

14/10/2016

A concellería de Benestar Social a través do departamento de Servizos Sociais municipal organiza un curso de alfabetización para persoas adultas. Trátase dun espazo para acadar capacidades básicas de lecto-escritura e cálculo.

LER MÁIS

O éxito de participación nas actividades para maiores de 55 anos leva á concellería de Benestar a ampliar prazas.

13/10/2016

-200 persoas comezaron esta semana as actividades de ioga, tai-chi, reforzo da memoria, ximnasia terapéutica, pintura, restauración e o obradoiro de memoria “Sada no tempo”.

LER MÁIS

O alcalde de Sada solicitou no pleno do Consorcio a exención da taxa pola recollida de lixo para familias con poucos recursos económicos e bonificacións para emprendedores.

11/10/2016

-Outra das enmendas presentadas polo alcalde de Sada no pleno de onte correspondeu a unha aclaración da proposta que Portela xa presentara no mes de xullo no Consorico das Mariñas tendente a aplicar só unha tarifa de recollida de lixo para os profesionais que traballan na súa casa. Esta propostas é froito das reunións de participación cidadá que o alcalde e o goberno local realizan cos veciños de Sada e que Portela asegurou que levaría ao pleno do Consorcio.

LER MÁIS

V Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios do Consorcio As Mariñas

06/10/2016

Profesionais e responsables políticos do área dos servizos sociais reunironse onte no Pazo de Mariñán no V Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios do Consorcio As Mariñas. Unha oportunidade de formación e posta en común de coñecemento en materias como a ética, a comunicación relacional ou a organización do tempo, entre outros.

LER MÁIS

AXENDA