XIII Mostra de Teatro de Sada

06/03/2017

XIII Mostra de Teatro de Sada

A Concellería de Cultura e Praias, dentro das súas competencias na promoción da participación cultural activa da poboación, está interesada en continuar coa programación dun encontro de Teatro Afeccionado, que celebra este ano a súa decimoterceira edición.

Bases XIII Mostra de Teatro de Sada

Anexo I - Ficha de Inscripción

Anexo II - Declaración Responsable


O certame pretende achegar a creación teatral de compañías de carácter afeccionado, e ó mesmo tempo servir de plataforma que faga visible, dea impulso e fortaleza este sector de creación cultural.

As compañías de teatro afeccionadas achegan a un amplo sector de poboación a creación dramática e serven de viveiro para facer emerxer novos talentos artísticos. Unha das finalidades máis importantes do evento para esta Concellería é o de consolidar e aumentar o público interesado nas creacións artísticas, ademais de ser consecuentes coa labor de formación e promoción cultural que se leva a cabo dende a Escola e a Compañía Municipal de Teatro.

A Mostra de Teatro do Concello de Sada pretende fomentar a cultura en xeral e as artes escénicas en particular. Configúrase como unha cita anual na que teñan cabida os traballos presentados por compañías de teatro amador para servir de impulso favorecedor da participación popular na cultura e promover o teatro como medio de enriquecemento cultural dos veciños e veciñas.

Con este certame inténtase achegar máis o Teatro á poboación de Sada, aportando unha pequena visión do panorama do teatro amador que se fai non só dende Galicia, senón que, na medida en que se apunten e saian seleccionadas, tamén noutras comunidades autónomas.

A Mostra pretende estimular e fomentar a participación cidadá activa, canalizada a través da actividade da Escola Municipal de Teatro de Sada. Por último, a Compañía Municipal de Teatro do Concello de Sada atopa nesta Mostra o lugar ideal no que facer a estrea das súas obras, sendo un escaparate axeitado para os demais grupos de teatro afeccionado da localidade.

As funcións de presentación das obras seleccionadas na XIII Mostra de Teatro do Concello de Sada, Premios Pintor Lloréns, terán lugar en tres fins de semana, dende o sábado 9 ata o sábado 23 de setembro de 2017, fixando o sábado 30 de setembro para a realización da Gala de Clausura e entrega de premios da XIII Mostra.

Arquivado en:
Novas. Sada. Cultura e praias.

Temas:
Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA