VI Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios

26/10/2017

VI Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios

O Pazo de Mariñán acolleu  o VI Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios 2017 organizado polo Consorcio As Mariñas e que contou coa colaboración coa Deputación da Coruña.


A concelleira de Benestar, Isabel Reimundez, participou xunto co persoal do departamento de Servizos Sociais de Sada no Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios, unha xornada dirixida a técnicos e responsables políticos da área Servizos Sociais dos concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas.

Esta xornada formativa, que parte das necesidades detectadas polo persoal técnico e as/os responsables políticas/os dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas, trata de dar resposta aos retos e demandas coas que o persoal técnico se atopa no día a día e mellorar os procesos de atención ás persoas usuarias. 

Máis de 70 técnicos e concelleiros de Servizos Sociais dos concellos dos municipios do Consorcio das Mariñas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros, Culleredo e Sada) formaronse e debatiron sobre aspectos relacionados co seu labor diario e analizaron os retos de cara ao futuro no ámbito dos servizos sociais.

A aplicación da administración electrónica no ámbito dos servizos sociais comunitarios ou as estratexias innovadoras en materia de intervención social foron algúns dos aspectos que se analizaron durante a xornada, que contou coa participación de especialistas como José Ignacio Santás, xefe do departamento de Servizos Sociais do distrito de San Blas (Madrid); Ignacio Crespo, director do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio das Mariñas ou a psicóloga Mar Sánchez.

Arquivado en:
Benestar social e igualdade. Sada.

Temas:
Benestar Social. Formación.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA