Verán Xove 2017

14/06/2017

Verán Xove 2017

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, organiza diversas saídas de aventura para os meses de xullo e agosto onde o único requisito para os participantes e saber nadar.

Ás saídas de aventura do Verán Xove 2017 son o 8 de xullo ao Río Ulla (Padrón) para gozar do Rafting; o 22 de xullo ás Fragas do Eume para practicar Kayak; o 5 de agosto á Santa Baia (Serra de Outes) para facer Barranquismo e o 26 e 27 de agosto a Arriondas (Asturias) ao mítico Descenso do Sella.

Folla inscrición


As actividades destínanse a maiores de 18 anos excepto o kayak nas Fragas do Eume ao que poderán inscribirse nenos e nenas a partir de 8 anos acompañados dun adulto.

Para todas as actividades deberá facerse unha inscrición previa cubrindo a folla de inscrición que se achega. En total a concellería de Educación, Xuventude e Saúde oferta 50 prazas en cada actividade. No caso de superar as plazas dispoñibles realizarase un sorteo para cada actividade.

Rafting no Río Ulla

Kayak nas Fragas do Eume

Barranquismo en Santa Baia

Descenso do Sella

 

Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Saúde. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA