Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

00/00/0000

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

Co gallo da celebración do IV Outono de Tapas, previsto para o mes de novembro, a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medioambiente,  convoca ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza o vindeiro luns día 26 de setembro, ás 18:00 horas na Capela de San Roque, para expoñer o programa de actuacións que se realizarán respecto de devandito evento e ao mesmo tempo presentar as actividades previstas cara ó vindeiro ano.


“O Outono de Tapas, sinala o concelleiro Liss Suárez Becerra,  é unha oportunidade de mostrar as propostas culinarias, elaboradas cos produtos de tempada, de cada local de hostalería sadense e consideramos que éste, constitúe un reclamo turístico que esperamos atraia a visitantes de toda a comarca.

“Neste senso, prosegue o concelleiro, reiteramos a nosa intención de promover os produtos por excelencia de Sada e comarca, como elemento característico da gastronomía local e ao mesmo tempo, dinamizar a restauración no noso municipio.”

A carta que se envía desde a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medioambiente, aos hostaleiros do municipio sinala que se “quere contar co todo o tecido hostaleiro, nesta actividade” e anima a “aportar calquera suxerencia ao respecto, para facer do mesmo, un evento exitoso”.

Os locais de hostalería interesados en participar no evento, pero que non poden asistir á reunión, deberán poñerse en contacto a través do teléfono do Concello ( 981620075 Ext. 264), da O.M.I.T.( 698169598 ) ou a través do enderezo electrónico: oficinadeturismo@concellodesada.com.

Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Economía. Turismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA