Todo preparado para a Cabalgata de Reis en Sada

19/12/2016

Todo preparado para a Cabalgata de Reis en Sada

A concellalía de Cultura, xestionada pola socialista María Pardo, ultima todos os preparativos para a Cabalgata de Reiss que partirá o próximo xoves 5 de xaneiro ás 18:00 horas desde o Porto de Sada.

Descarga o percorrido da Cabalgata de Reis

Descarga a carta da concelleira de Cultura para todos os veciños e veciñas de Sada


A concellería de Cultura ten todo preparado para a Cabalgata de Reis de este ano que partirá o próximo xoves 5 de xaneiro ás 18:00 horas desde o Porto de Sada. Nas ligazóns da parte superior podes descargar o percorrido e a carta da concelleira de Cultura, a socialista María Pardo, para todos os veciños e veciñas de Sada.

A concellería de Cultura tamén anuncóu a pasada semana que todas as persoas inscritas para participar na Cabalgata de Reis que teñan o seu empadroamento en Sada, foron admitidos/as na cabalgata. Créase unha lista de agarda cos/as inscritos/as non empadroados no Concello de Sada. Para máis información OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

A Concellería de Cultura e Praias inclúe na súa programación anual a organización de actividades coas que dar cumprimento as súas competencias na promoción da participación cultural activa da poboación. Unha das tradicións de profundo arraigo na nosa comunidade é a celebración das Festas de Nadal, e, de xeito particular, a organización da Cabalgata de Reis. Trátase dun desfile en comitiva por diferentes rúas do casco urbano, na que un grande público de diferentes idades, pero sobre todo público infantil, achégase a participar con grande ilusión, saudando ás Súas Maxestades e recollendo os caramelos que van deixando ó seu paso.

Como medio para aumentar a participación do público infantil e aumentar a singularidade das vivencias relacionadas coa ilusión e a maxia desta celebración, se realza a figura dos “colaboradores dos Reis Magos”, abrindo, os pasados días, a inscrición de nenos e nenas para subir nas carrozas reais acompañando e botando unha man ás Súas Maxestades na súa visita a Sada. 

Desde a concellería de Cultura informaron que todas as persoas inscritas para participar na Cabalgata de Reis que teñan o seu empadroamento en Sada, foron admitidos/as na cabalgata. Créase unha lista de agarda cos/as inscritos/as non empadroados no Concello de Sada. Para máis información OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde. Cultura e praias.

Temas:
Turismo. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA