Subvencións a Entidades Deportivas para o ano 2018

05/11/2018

Subvencións a Entidades Deportivas para o ano 2018

Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído o Concello de Sada convócanse as presentes axudas na área de Deportes para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

IMPORTANTE: O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS COMEZARÁ AO DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DO EXTRACTO DA CONVOCATORIA

02/11/2018 - Extracto do acordo polo que se convocan as subvencións dirixidas a entidades deportivas para o ano 2018

31/10/2018 - CORRECCIÓN DE ERROS BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS PARA O ANO 2018

25/10/2018 - Anuncio Subvencións entidades deportivas 2018


A concellería de Deportes quere pola presente convocatoria dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a igualdade e democratización da sociedade. En canto ás subvencións ás entidades deportivas a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións.

Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento de actividades deportivas federadas, fomento do deporte de base, fomento do deporte escolar e deporte inclusivo. As subvención ás entidades deportivas irán destinadas a gasto corrente en actividades deportivas. Destinaranse 63.500€ ás subvencións para actividades deportivas con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000

SOLICITANTES

Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas.
  • Estar inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Sada.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do municipio de Sada ou sobre temas de interese para o Concello.
  • Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 la Lei 38/2003, Xeral de subvencións nin dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias ca Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello, e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes.

CONDICIÓNS E OBRIGAS.

  • A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. 
  • As entidades beneficiarias das subvencións quedan obrigadas a facer constar a colaboración e patrocinio prestado polo Concello de Sada en toda a información (impresa, informática e audiovisual) que se faga das actividades ou investimentos subvencionados e na súa páxina web.
  • Con carácter xeral a subvención solicitada nunca superará o 100 % do presuposto estimativo de gastos presentados e posteriormente xustificados.
  • Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización dalgún dos medios previstos na base 8.4

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

  • As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sada ou por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 6.2.
  • O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de dez días.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Deportes. Veigue.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA