Servizos Sociais lembra que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas ao alugamento de vivendas

11/07/2018

Servizos Sociais lembra que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas ao alugamento de vivendas

Desde os Servizos Sociais do Concello de Sada advirten que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas de aluguer do Plan Estatal de Vivenda ata o 30 de xullo. As solicitudes pódense poden descargar da web de vivenda  ou en papel tamén están dispoñibles nos servizos sociais municipais. Lembramos que Sada se atopa na Zona Territorial 1 polo que a renda mensual de aluguer non pode superar os 400€ con caracter xeral e os 480€ en caso de familias numerosas ou necesidade de vivenda adaptada. O organismo compentente de resolución e onde débense dirixir as solicitudes é o Instituto Galego de Vivenda.

ORDE do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual.


No Boletín Oficial del Estado núm. 61, do 10 de marzo de 2018, publicouse o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021. No artigo 5 do citado real decreto sinálase que corresponde aos órganos competentes das comunidades autónomas a tramitación e resolución dos procedementos de concesión e pagamento das axudas dos distintos programas do Plan, unha vez que se teña recoñecido o dereito das persoas beneficiarias a obtelas dentro das condicións e límites establecidos neste real decreto.

No novo Plan de vivenda mantense, con carácter prioritario, a aposta polo fomento do alugamento e da rehabilitación, xa iniciada polo Plan estatal 2013-2016.

No ámbito do alugamento, ademais do programa xeral de axudas ao alugamento de vivendas, introdúcese un novo programa de axudas á mocidade para o acceso a unha vivenda en alugamento, en prol de facer máis doada a súa emancipación.

En Galicia se establecen medidas e programas para favorecer o acceso á vivenda aos colectivos máis desfavorecidos e ás persoas novas que pretendan acceder a unha vivenda por primeira vez. Con este obxectivo tramítase esta orde, onde se conteñen as bases reguladoras destas dúas liñas de axudas de alugamento citadas e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2018, con carácter plurianual.

Arquivado en:
Benestar social e igualdade.

Temas:
Benestar Social. Economía. Subvencións e axudas. Vivenda.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA