SENDEREANDO POR PUNTA NARIGA (MALPICA DE BERGANTIÑOS)

09/05/2018

SENDEREANDO POR PUNTA NARIGA (MALPICA DE BERGANTIÑOS)

Roteiro Punta Nariga: Tradición e Faros

Malpica de Bergantiños - 20 maio 2018 (todo o día)

Listaxe solicitantes con praza Sendereando Punta Nariga e lista de agarda


Roteiro circular 18 km. Dificultade técnica MEDIA e esforzo físico MEDIO

Participantes maiores de 10 anos deberán estar acompañados dun adulto

Actividade gratuita, inclúe transporte, seguro RC, accidentes e guías durante todo o roteiro.

A saída será ás 10.00 e voltarase pola tarde. Os participantes levarán a súa comida.

Prazas dispoñibles: 50 (a actividade realizarase sempre que haxa un mínimo de 25 persoas inscritas) En caso de superar as 50 inscricións, realizarase un sorteo o día 15 de maio ás 10.00h

Terá que comprobar que ten praza o día 15 de maio na OMIX e nesta páxina web

Terán prioridade os empadroados/as en Sada. As persoas que obteñan praza e non asistan ao roteiro (sen comunicación previa), pasarán directamente á listaxe de agarda a seguinte vez que soliciten

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Educación. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Maiores.

AXENDA