Sendereando por Cabo Prior

31/10/2018

Sendereando por Cabo Prior

A Concellería de Educación, Xuventude e Saúde programa un roteiro por Cabo Prior o domingo 18 de novembro

Inscrición en liña

Percorrido dunha distancia de 15 km e cunha dificultade técnica MEDIO-BAIXA, con esforzo físico MEDIO-BAIXO

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto. Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida. 

Saída ás 10.00h e regreso aproximado ás 18.00h - 19.00h

Data límite para realizar a inscrición: 12 novembro

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 13 de novembro ás 10.00 na OMIX e publicarase no mesmo día a listaxe de participantes.

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Saúde. Educación. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA