SENDEREANDO POR A CAPELADA

04/06/2018

SENDEREANDO POR A CAPELADA

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde programa para o vindeiro 10 de xuño un roteiro Camiño a San Andrés de Teixido en A Capelada (Cedeira)

Listaxe Sendereando A Capelada


ROTEIRO DOMINGO 10 XUÑO CAMIÑO A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. A saída será ás 10.00 e voltarase pola tarde.

Roteiro 14 km. Dificultade técnica MEDIA-BAIXA.

Esforzo físico MEDIO-BAIXO.

Participantes maiores de 10 anos acompañados dun adulto.

Actividade gratuita, inclúe transporte, seguro RC, accidentes e guías durante todo o roteiro. Os participantes levarán a súa comida.

Prazas dispoñibles: 50 (a actividade realizarase sempre que haxa un mínimo de 25 persoas inscritas). En caso de superar as 50 inscricións, realizarase un sorteo o día 4 de xuño ás 10.00h

Fecha límite inscrición domingo 3 xuño.

Terá que comprobar que ten praza o día 4 de xuño ás 13.00 na OMIX e na web www.sada.gal

Terán prioridade os empadroados/as en Sada.

As persoas que obteñan praza e non asistan ao roteiro (sen comunicar renuncia antes do xoves 7 ás 14.00h), pasarán directamente á listaxe de agarda a seguinte vez que soliciten

AVISO: Os participantes deben ter boas condicións de saúde para poder realizar estes roteiros sen risco. Non recomendamos que sexan realizadas en caso de problemas de visión, lesións musculares, óseas, etc.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Educación. Mobilidade. Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.