SendereAndo en Verdes (Coristanco)

16/07/2018

SendereAndo en Verdes (Coristanco)

A concellería de Educación organiza unha nova saída do programa SendereAndo polo roteiro de Verdes (Coristanco) o domingo 22 de xullo.

Listaxe persoas con praza no SendereAndo en Verdes


Percorrido dunha distancia de 16 km e cunha dificultade técnica MEDIA-BAIXA, con esforzo físico BAIXO

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.

Saída ás 10.00h e regreso aproximado ás 19.00h

Data límite para realizar a inscrición: 15 de xullo. En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 16 de xullo ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos o mesmo día 16 de xullo a partir das 13.00h nesta web ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 19 ás 14.00h.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Educación. Mobilidade. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA