Sendereando en Monte Branco - Ponteceso

12/09/2018

Sendereando en Monte Branco - Ponteceso

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde  organiza un roteiro en Monte Branco (Ponteceso) o domingo 30 setembro.

Inscrición Online

Percorrido: 14 km dificultade técnica MEDIA, con esforzo físico MEDIO. NO ROTEIRO HABERÁ SUBIDAS E BAIXADAS DUN 10% APROX. 

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto. Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida. 

Saída ás 10.00h e regreso aproximado ás 18.00h - 19.00h. 

Data límite para realizar a inscrición: 21 setembro 

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 24 de setembro ás 10.00 na OMIX. Para saber se tes praza deberás consultar nesta páxina a listaxe de admitidos o mesmo día a partir das 13.00h ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 27 ás 14.00h. O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Saúde. Educación. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA