SendereAndo, actividade gratuita de senderismo polo río Belelle

04/05/2017

SendereAndo, actividade gratuita de senderismo polo río Belelle

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, organiza o programa SendereAndo, unha actividade gratuita de senderismo polo Río Belelle en Neda.

Folla inscrición Programa SendereAndo, Río Belelle

Autorización participación menores actividades municipais


Sada 24 de abril

Trátase dunha actividade gratuita onde poderán participar adultos e nenos e nenas a partir de 8 anos (con acompañantes) e onde terán preferencia as persoas empadroadas en Sada.

A actividade terá lugar o domingo 14 de maio e consiste nun roteiro circular de 10 quilómetros polo Río Belelle, en Neda, e inclue transporte e seguro gratuito. A saída da actividade terá lugar ás 10:00 horas diante do edificio de usos administrativos do Concello de Sada (Avenida da Mariña, 25) e cada participante levará a súa comida.

As inscricións para poder participar nesta actividade pódense realizar na OMIX ata o 10 de maio ou ben chamando ao teléfono 981 620 331 ou enviando un correo electrónico a omixsadamail.com


Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Saúde. Educación.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA