Seguridade na noite de San Xoán

22/06/2017

Seguridade na noite de San Xoán

A Concellería de Cultura e Praias, xestionada pola socialista María Pardo, está a traballar para manter a seguridade nos areais a noite do 23 ó 24 de xuño e que a celebración do San Xoán se realice con plenas garantías.

Para elo acotaranse os areais e delimitarase a zona na que se poderán facer as cachelas, ademáis as praias de Cirro e Sada Nova pecharanse ás 3:00 am e se evacuarán para maior seguridade.

Todo o dispositivo será coordinado polo Servicio de Emerxencias Municipal e a Policía Local que verán reforzados os seus efectivos e velarán en todo momento pola seguridade das persoas.

Festa de San Xoan no Curruncho

O venres 23 de xuño na área recreativa do Curruncho (Praia das Delicias) a partir das 19:00 horas a concellería de Cultura e Praias celebra a festa do San Xoán.

Sardiñas asadas, pan de broa, cunca de barro, bebida (auga, viño, refresco) por 3€ a ración. A animación musical correrá a cargo de Queiroa , A Meda do Castro, a Charanga NBA e Disco Móbil.

A partir das 00:00 horas acenderanse as fogueiras, haberá fogos de artificio e repartirase queimada entre os asistentes.



Arquivado en:
Novas. Festas. Sada. Veigue. Cultura e praias.

Temas:
Turismo. Mobilidade. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA