Sada xa ten Plan Xeral de Ordenación Municipal

13/10/2017

Sada xa ten Plan Xeral de Ordenación Municipal

No día de hoxe, o Alcalde de Sada, Benito Portela, e o Concelleiro de Urbanismo, Fran Montouto, reuníronse coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato e a Directora Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, que lles notificaron a Orde de Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada.

Comparecencia do Goberno Municipal para anunciar a aprobación do PXOM


Sada 13 outubro 2017

Despois de case 10 anos de tramitación prodúcese a boa nova de que o Concello de Sada contará cun instrumento de planeamento, superando así a ordenanza urbanística provisional do ano 2006, que ademais de dotar de seguridade xurídica a todas aquelas inversións e actuacións que se queran implementar ao abeiro do mesmo por parte dos veciños e veciñas de Sada facilitará que o propio Concello poida acometer investimentos en equipamentos, dotacións e infraestruturas necesarias para atender as demandas da cidadanía.

O actual goberno de Sada cando asumiu a xestión municipal no ano 2015 tiña como obxectivo prioritario a aprobación do PXOM e así as tres forzas que o sustentan , Sadamaioría, PSdG-PSOE e BNG acordaron o documento acadado que é o resultado dun consenso no que se foron solventando as distintas propostas e alternativas, chegando a un documento do PXOM que vai permitir avanzar nun modelo de desenvolvemento urbanístico e territorial de Sada, asentado no respecto á sostibilidade ambiental e ás demandas das necesidades de infraestrutura e dotacións que Sada precisa.

O contido da Orde de aprobación definitiva do PXOM non está condicionada e só establece diferentes puntualización a introducir en canto á normativa, á adecuación ao POL do PEPOID de Veigue nas contornas das praia de San Pedro e Veigue, dous erros materiais e deixa en suspenso a Area de Planemento transitorio APT-UEI-8 na rúa Párroco Villanueva.

As previsións da Xunta de Galicia son que se publique no DOGA antes de 20 días e se inscriba de oficio o PXOM no Rexistro de Planeamento Urbanísitico de Galicia, para a continuación sexa o Concello quen mande a publicación o contido normativo do PXOM no Boletín Oficial da Provincia para súa entrada en vigor.

O goberno municipal de Sada comezará a traballar de inmediato para acadar que se desenvolvan actuacións como a ampliación do CEIP Sada e seus Contornos, a expropiación de terreos para crear Espazos Libres nas Brañas ou Plan Especial de Protección do Pazo de Meirás, a reurbanización da Avenida da Mariña no núcleo de Sada, a expropiación de terreos na costa para crear o gran parque público de Fontán, entre outros. Para elo e de acordo co programa de actuación do PXOM irase incorporando algunhas destas actuacións aos orzamentos do ano 2018 tanto no que se refire ao planeamento de desenvolvemento como a actuacións en concreto, ademais demandará das outras administracións públicas implicadas no desenvolvemento das actuacións que así o fagan nos seus.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Benestar social e igualdade. Mosteirón. Urbanismo e emprego. Osedo. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada. Soñeiro. Veigue. Educación, xuventude e saúde. Cultura e praias.

Temas:
Economía. Urbanismo. Vivenda. Mobilidade. Medio ambente. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA