Sada vístese de negro por tercer ano consecutivo

30/10/2018

Sada vístese de negro por tercer ano consecutivo

-Na semana do 19 ao 25 de novembro todos os comercios, hostalería e clubes deportivos, ademais de entidades culturais, van a vestir Sada de negro.

 


Sada, 30 outubro 2018.

“Sada en negro” chegou no 2017 a máis de ointenta locais e este ano a Concellería de Benestar Social agarda superar os cen participantes abondando nos centros deportivos e educativos do municipio. Para acadar este propósito a concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, remitirá unha carta nos vindeiros días a todos os comercios, locais de hostelería, asociacións e clubes deportivos para que poidan apuntarse a esta campaña de sensibilización social

A concelleira lembra na carta que o 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. “Desde o ano 2008, apunta Isabel Reimundez, as cifras oficiais rexistran 619 asasinatos machistas no conxunto do Estado e 43 en Galicia e, no que vai de ano, a violencia machista acabou coa vida de 10 menores”.

Desde a Concellaría de Igualdade consideran que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. “Para iso, indica na carta a concelleira, animamos ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do municipio a implicarse na conmemoración do 25 de novembro.

“Sada en negro” propón vestir, unha vez mais, de loito o municipio en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. “Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Sada, e sodes o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Sada libre de violencias machistas!”,remata Reimundez.

Desde a concellería sinalan que calquera negocio, asociación ou club pode participar nesta iniciativa aínda que non reciba a carta contactando no teléfono 981 620 075 e no correo sadaennegro@gmail.com.

Arquivado en:
Novas. Benestar social e igualdade. Avisos. Sada.

Temas:
Benestar Social. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA